Lugo, 25 de maio de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, avanzou hoxe que “o Goberno de Pedro Sánchez cumpre con Galicia e cos lucenses”. Otero fixo esta afirmación tralo anuncio do Ministerio de Fomento xa que nestes intres, na nosa Comunidade, estanse executando e licitando obras na Rede de Estradas do Estado, o que supón a reactivación de 24 actuacións en infraestruturas por un importe global de 375 millóns de euros. Ademais do programa de rehabilitación arquitectónica e do programa de actuacións do 1,5% Cultural, onde suman 11,18 millóns de euros.
Patricia Otero dixo que “con este investimento en infraestruturas, o Goberno de Pedro Sánchez reactiva a economía, o emprego e a licitación de obra de pública galega. Concretamente na provincia de Lugo as actuacións supoñen unha achega económica de 117,6 millóns de euros”.
Obras importantísimas para o mapa das infraestruturas en Lugo
Ademais hai que sinalar que todas estas melloras viarias son actuacións importantísimas para o mapa das infraestruturas galegas. “Mentres o PP e Feijoo se esconden, o Goberno do PSOE impulsa obras e melloras nas nosas dotación públicas nun momento clave da economía actual. Agora máis que nunca Lugo e Galicia precisan de investimentos para xerar emprego e riqueza, e o Goberno de Pedro sánchez e o Ministerio de Fomento esta respondendo a estas demandas”, resumiu.
Actuacións na provincia de Lugo con 117, 6 millóns de euros
-A-54. Autovía Lugo-Santiago. Tramo Palas de Rei-Melide. Provincias de Lugo e A Coruña.Orzamento: 70,9 millóns.
-A-56. Autovía Lugo-Ourense. Tramo A Barrela- San Martiño. Provincias de Lugo e Ourense. Orzamento: 39 millóns.
-Reparación dos pasos superiores da N-642 en Foz (Lugo). Orzamento: 0,5 millóns de euros.
-Reparación N-642. Tramo: Barreiros- San Cibrao. Términos municipais de Barreiros Foz, Burela e Cervo (Lugo). Orzamento: 2 millóns de euros.
-Reparación do firme en varias estradas. Provincia de Lugo. Orzamento: 2,2 millóns de euros.
-Reparación de 16 obras de drenaxe transversal na N-VI (7), A-6 (1) e N-120 (8). Provincias de Lugo e León. Orzamento: 3 millóns de euros.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



