Santiago de Compostela, 4 de Maio 2020. A portavoz nacional, Ana Pontón, insistiu nun gran acordo de país consensuado no Parlamento entre Goberno, forzas políticas, axentes sociais e todos os sectores capaces de aportar propostas para a recuperación económica e social de Galiza porque, ao lado da repercusión sanitariasda pandemia, hai outras consecuencias de extrema gravidade no ámbito económico e laboral que baten de cheo na vida das persoas.
“Precisamos un potente plan económico para acompañar á desescalada porque non podemos pasar dunha crise sanitaria a outras situacións que tamén se escriben con P de pandemia como precariedade, paro e pobreza”, alertou Pontón. E para iso, a líder nacionalista reclamou ao xefe do Executivo que abandone a trincheira partidista e teña alturas de miras.
“Feixóo ten conxelado o diálogo en Galiza e non temos ningunha información sobre súa proposta proposta para a desescalada porque estamos ante un presidente da Xunta que non quere responsabilizarse do futuro do país senón que prefire quedarse na crítica e iso é un problema,- subliñou Pontón-, porque hai que facer unha desescalada segura e adaptada. Precisamos un gran acordo de país para sacar adiante a Galiza ante as graves consecuencias da pandemia”.
Ese necesario acordo debe incluír un programa de reactivación económica no que o BNG xa está traballando a través da comisión de expertos creada fai un mes, programa en base a cinco principios: sector público reforzado e potente que actúe como motor de creación de emprego e de garantía de xustiza social, – “non podemos volver caer no erro de rescatar á banca”-; impulsar o tecido produtivo; aposta estratéxica pola ciencia de base, pola investigación e polo coñecemento; fortalecer os servizos públicos, -superar o modelo que mercantiliza os coidados-, e estratexia contra o cambio climático.
“Insistimos nun acordo de país para a reconstrución económica e social para sacar adiante Galiza, un acordo que debe fraguarse nunha mesa de negociación no Parlamento”, sintetizou Pontón.
En relación á desescalada, o Bloque considera clave que debe estar adaptada á nosa realidade e que debe ser segura. Neste sentido, insiste na comarca como elemento de referencia para unha mobilidade que esta debe estar rexida por criterios científicos en base á evolución epidemiolóxica. Para evitar “botar pola borda” o esforzo feito até agora, son imprescindibles medidas como o uso obrigatorio das máscaras, que deben ser distribuídas de xeito masivo e gratuíto entre a poboación, así como a posta en marcha dun plan de rastreo do virus en todo o territorio.
Feixóo errou recortando camas e servizos hospitalarios
Igualmente, en aras a esa seguridade no desconfinamento, o BNG propón reforzar o sistema público de saúde, empezando pola atención primaria cun plan de 200 millóns de euros para cubrir os recortes en persoal e infraestrutura, máxime agora que vai xogar un papel clave na loita contra o coronavirus. Pontón salientou que a pandemia confirma que o Goberno de Feixóo “errou suprimindo camas e suprimindo servizos hospitalarias ao longo destes dez anos, os recortes pasan factura e nos fan máis débiles á hora de plantar cara a unha pandemia. Hai que traballar para fortalecer a sanidade pública e a solución non vai vir por hospitais de campaña permanentes”.
Non é sensato falar de data electoral
A preguntas dos medios ante unha posible data electoral, Pontón insistiu en que para o Bloque á prioridade é garantir a saúde das persoas, condición que debe estar por riba da cita coas urnas. “Non é sensato no medio dunha pandemia falar dunha data electoral, o BNG considera que deben celebrarse cando sexa posible garantir a saúde e a vida das galegas e dos galegos”, indicou, ao tempo que criticou a posición de Feixóo.
“Sorprende que dixera fai unha semana que as eleccións non estaban na súa axenda e que esta semana queira pisar o acelerador, non é sensato falar de datas mentres non existan garantías sanitarias e teño claro que cando Feixóo reclama a fin do estado de alarma non está pensando na defensa dos dereitos e das liberdades públicas, dáme a sensación de que está pensando máis nas eleccións que na vida e na saúde dos galegos e das galegas”, alegou.
Ante unha pandemia “non toca falar de eleccións até ter finalizado o proceso de descofinamento e ter garantías sanitarias para a poboación, falar antes paréceme unha frivolidade que non representa o sentir dos galegos e das galegas que penso que están máis preocupados polo que vai pasar co seu traballo, coa crise sanitaria e non coa celebración das eleccións de xeito acelerado”, argumentou a líder nacionalista.
En relación a unha nova prórroga do estado de alarma indicou que o BNG non se opón pero pide ao Goberno do Estado que corrixa os seu erros na utilización desta medida excepcional: “Estamos tendo unha reflexión, non nos opoñemos a que se prorrogue pero tamén pensamos que o Goberno central debe rectificar os erros nos que está incorrendo na utilización deste instrumento cunha política de centralización que non permite o diálogo nin o acordo, polo tanto, o estado de alarma debe prorrogarse pero o Goberno central debe aceptar que está errando e debe dialogar co resto de forzas políticas”, avanzou.
Feixóo ten conxelado o diálogo en Galiza e non temos ningunha información nin ningún dato sobre a proposta do Goberno galego para a desescalada neste país, coñecemos as críticas do xefe do Executivo ao Goberno do Estado pero non sabemos cal son as súa propostas. Debería ter unha posición
Temos un presidente da Xunta que non quere responsabilizarse do futuro do país senón que prefire quedarse na crítica e iso é un problema, porque hai que facer unha desescalada adaptada do país. Que presente un plan, un gran acordo de país para poñer en marcha a desescalada porque desta forma non sacamos adiante a Galiza ante a pandemia tan forte e con tan graves consecuencias.
As eleccións deben celebrarse cando existan garantías sanitarias, non sabemos que vai pasar na fase de desconfinamento e pensamos que debe operar o principio de precaución e necesitamos un goberno que non estea pensando na campaña electoral senón como facer unha desescalada segura e nas medidas económicas que hai que poñer en marcha para a reconstrución económica e social, porque ademais das dramáticas consecuencias sanitarias a pandemia tamén trae outro problemas que tamén se escriben con P de precariedade, paro e pobreza.
As eleccións téñense celebrado en setembro fai catro anos e non pasou nada e a nós non nos preocupa a data electoral senón a saúde dos galegos e das galegas e o presidente da xunta non debería estar pensando nas eleccións senón en que precisamos un desconfinamento seguro garantindo de que non vai haber rebrotes e que haxa un acompañamento por parte dos gobernos aos sectores económicos para que a crise sanitaria non se converta tamén nun grave desastre económico.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



