Compostela, 17 de maio de 2020.- Queremos Galego realizou esta mañá en Compotela unha ofrenda floral diante da estatua homenaxe de Carvalho Calero, onde representantes da entidade deron lectura do manifesto do Día das Letras 2020. Participaron na lectura Ana Rodiño (da CIG), Ana Pontón (do BNG), Mercedes Espiño (da AC O Galo – Federación Galiza Cultura), Anna R. Figueiredo (da AELG), Patricia Varela (da AS-PG) e Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización.
Maceira recordou como Carvalho Calero se preguntaba, en 1983, sobre a lingua propia de Galiza, “se ningén ten o deber de coñecé-la nen de estudá-la, por que se chama língua oficial? Porque podo usá-la, se quero, perante as autoridades autonómicas?. “Segundo tal criterio”, aseguraba o mestre, “na práctica o galego seria unha língua para obxectores de conciéncia. O galego seria no seu uso unha obxección de conciencia. Asi como aos secuaces de certas seitas relixiosas se lles dispensa do uso de armas, asi os secuaces da seita galeguista se lles dispensaria o uso da língua estatal”.
“En 2020”, recorda o voceiro de Queremos Galego, “a nosa lingua continúa a ser lingua de obxectores”. E detalla que menos do 5% das sentenzas son na nosa lingua, sen requisito de coñecemento do galego na xustiza ou na Administración xeral do Estado; menos do 1% dos seguros; só hai un xornal impreso en galego e só o 4% da oferta televisiva é na nosa lingua, sen opción a lexendaxe e sen dobraxe. “Menos do 8% das aulas en infantil son en galego”, afirma, “co resultado de que o 25% das e dos menores de 15 anos din non saber falar a nosa lingua, a súa lingua”.
“Non precisamos consecións amábeis”, denuncia, “precisamos liberdade plena para vivirmos en galego, sempre e en todo lugar. Dereito e deberes correspondentes. A lingua é reflexo do que somos como pobo e da nosa situación. Por iso precisamos do galego, para avanzarmos no desenvolvemento social, económico e cultural”. “Precisamos do galego”, remata, “porque o galego é xustiza, é igualdade e é cohesión social”.
As xanelas e varandas de Galiza amosan hoxe, 17 de maio, a bandeira galega e cartaces co lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión deseñados pola plataforma cidadá, composta por máis de 600 entidades. Nas redes sociais, son tendencia dende o mediodía as etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego e #Eufalogalego.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



