Burela, 5 de maio de 2020. A concelleira burelesa e presidenta da comisión organizadora das festas patronais, Toñi Eijo, anuncia que non haberá festexos neste 2020 debido á pandemia do Covid-19. A edil subliña que as festas de Burela reúnen todos os anos a milleiros de persoas, o que fai que nas circunstancias actuais non se poidan celebrar. A cita ía ter lugar do día 5 ao 8 do vindeiro mes de xuño.
Toñi Eijo declarou que “debido á situación actual que estamos a vivir, como consecuencia do Covid-19, a directiva da comisión organizadora das festas de Burela suspende os festexos que ían ter lugar os días 5, 6, 7 e 8 de xuño”.
A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela dixo que “estivemos esgotando todos os prazos posibles, pero son unhas datas que congregan a unha aglomeración de xente, son miles de persoas ás que veñen a estas festas, entón é inviable que se poidan celebrar”.
Eijo lembrou que “nos tocaba facelas agora, dentro dun mes, co cal decidimos que non. Sentíndoo moito, a nosoutros gustaríanos, pero ata o ano non haberá festas patronais en Burela”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



