Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020.- Varias candidatas da Marea Galeguista por Lugo, entre as que se atopaban Cristina Pérez, traballadora do SEPE e exconcelleira por LugoNovo, Javier Arca, traballador de Alcoa e Teresa Burgo, avogada laboralista, mantiveron unha xuntanza cos secretarios xerais dos sindicatos mais representativos na provincia de Lugo na que presentaron, entre outras, as medidas da formación en materia económica e laboral e recolleron as reivindicacións que lles trasladaron os representantes de cada sindicato.
Dende a Marea Galeguista quixeron manter unha xuntanza cos sindicatos CCOO, UXT e a CIG, coa finalidade, segundo indican “de recoller as súas demandas para poderlles dar voz no Parlamento galego cara a nova lexislatura”.
Despois de compartir análise sobre a situación de excepcionalidade na que nos atopamos, e segundo indicaron dende a Marea Galeguista “a oportunidade de mudar de modelo produtivo e transitar cara unha economía máis social e colaborativa”, fixaron como medidas necesarias “para un novo tempo”, a necesidade de “asumir as políticas activas de emprego, competencia que non se está a defender desde a Xunta a día de hoxe”.
Entre as demandas recollidas, as candidatas da Marea Galeguista quixeron poñer de relevo, en relación a Alcoa “a urxencia dunha intervención na factoría de aluminio por parte do goberno central e a Xunta de Galicia”, na liña comentaba noutras ocasións por Pancho Casal, candidato á presidencia da Xunta pola Marea Galeguista.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



