Burela, 23 de xuño de 2020. As Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente organizan unha nova edición das Xeorutas, que darán comezo o vindeiro 6 de xullo. Neste 2020 ponse en marcha unha nova, a do Monte Castelo, que se une ás da Marosa, O Perdouro e O Cantiño. O aforo estará limitado a 20 persoas para cada saída. Son 15 as datas marcadas no calendario para poder gozar das Xeorutas do Concello de Burela. Os edís de Turismo e Medio Ambiente participaron, xunto ao alcalde, esta mañá na súa presentación. Ambos agardan que sexan un éxito un verán máis.
Ramiro Fernández Rey declarou que “desde as delegacións de Turismo e de Medio Ambiente do Concello de Burela anunciamos que imos empezar as Xeorutas. Foi unha iniciativa que puxemos a andar aló polo 2015, tivo un éxito moi importante e decidimos seguir apostando por elas”.
O edil burelés quixo “agradecer á Deputación Provincial de Lugo que apoia esta iniciativa a través do seu Plan Único, con respecto ao turismo, e fainos unha achega bastante importante para poder levalas a cabo”.
O concelleiro d Turismo explicou que “as rutas empezarán a facerse o día 6 de xullo. Van ser un total de 15 rutas durante todo o verán e a novidade que temos este ano é unha ruta xeolóxica nova que imos facer no Monte Castelo que, como di o xeólogo que nos axuda a facer as rutas Fran Canosa, é unha zona moi rica en xacementos xeolóxicos. Ademais seguirán as que había en anos anteriores como son a da Marosa, a ruta xeolóxica do Perdouro e a do Cantiño”.
A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, dixo que “desde o Concello queremos destacar a importancia que teñen estas rutas no aspecto turístico e medioambiental aquí en Burela. Tiveron moitísimo éxito durante todos estes anos, e é unha iniciativa que imos seguir apoiando e apostando por elas porque entendemos que é un turismo distinto, sustentable e de moita calidade”.
Os responsables de Turismo e de Medio Ambiente animaron a todo o mundo a participar. A inscrición pódese facer por medio do blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com e esperemos que teñan o éxito que tiveron os outros anos”.
O aforo das Xeorutas estará limitado a 20 persoas por cada saída. As rutas de A Marosa, O Perdouro e O Cantiño terán como punto de partida a oficina de turismo que está situada no porto. E a do Monte Castelo sairá e desenvolvera nesa área recreativa.
No acto de presentación esta mañá participaron o alcalde, Alfredo Llano, ademais de Toñi Eijo e Ramiro Fernández, e pola guía turística Aurora Riesco.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.