A Mariña, 25 de xuño, 2020. A cabeza de lista da candidatura do PPdeG pola provincia de Lugo ás eleccións ao Parlamento galego, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de Porto de Celeiro e Armadores de Burela xunto á responsable da área de pesca do partido na provincia, Mercedes Rodríguez, na que sinalaron a importancia do volume de descargas e facturación nas lonxas da Mariña. A popular destacou, neste sentido, que “a media do número de descargas de peixe durante o goberno de Feijóo creceu en máis dun 7% con respecto á etapa do bipartito e a facturación, neste mesmo período, incrementouse case un 24%”.
Candia explicou que as descargas no ano pasado foron de 30.700 toneladas de peixe e marisco, o que representa preto do 20% das descargas no total de Galicia. “Máis indicativo do peso do sector pesqueiro da nosa comarca é o volume de facturación que alcanzaron as lonxas no último ano: 108,8 millóns de euros. Isto representa o 24% de Galicia. É dicir, entre Celeiro e Burela xuntas moven a cuarta parte do diñeiro das lonxas galegas”, indicou a popular.
No que respecta ás exportacións e importacións, a pesca lucense incrementou un 120% a cifra de exportacións e cuadriplicou o volume de importacións dende o 2009 ao 2019 debido, fundamentalmente, á existencia de empresas pesqueiras de Lugo con buques con pavillón internacional que descarga as súas capturas en Lugo como importacións.
“A industria do sector da pesca é, indubidablemente, unha importante fonte de recursos para a nosa comarca”, resaltou Elena Candia. Concretamente, está composta por 130 empresas que facturan anualmente 442 millóns de euros e dan emprego a 1.400 mariñáns. “Só Alcoa e Vestas supera ao complexo mar-industria; pero, ademais, seis das dez primeiras industrias da Mariña pertencen ao eido pesqueiro”, puntualizou.
Dos 157 buques da frota do sector pesqueiro da provincia de Lugo, 43 con base en Burela e Celeiro forman parte da frota de Gran Sol -a metade da frota española-. Candia quixo facer especial mención á merluza como principal peixe extraído que chega a mover cada ano máis de 100 millóns de euros.
A candidata ás eleccións do Parlamento de Galicia sinalou tamén que, “o sector pesqueiro lucense xera emprego”. De feito, “o número de postos de traballo a bordo dos buques pesqueiros con porto base na provincia de Lugo aumentou en 64 persoas entre 2011 e 2019 en 64 persoas, a pesar do descenso do número de buques”.
BREXIT
“Como ben é sabido, a saída do Reino Unido da Unión Europea produce efectos en todos os ámbitos da actividade, incluído o pesqueiro”, subliñou Candia que explicou que “esta situación afecta de forma particular á Mariña” porque “a actividade da frota con porto base en Burela ou Celeiro que faena en augas comunitarias -entre elas ata agora as británicas- é moi importante e ante a falta dun acordo que permita aos buques seguir faenando nesas augas supón graves prexuízos para os nosos barcos”.´
Por outra banda, buques de bandeira británica descargan e venden os seus produtos nos portos mariñáns; polo que, de non chegarse a un acordo noutro sentido, serían considerados de terceiros países no momento da saíde e sería preciso que pasen unha inspección aduaneira dun Punto de Inspección Fronteiriza de competencia do Goberno central. “Neste momento, non existe ningún en ningún porto da comarca”, advertiu a popular.
Candia defendeu que “Galicia e a consellería do Mar entendeu desde antes do referendo do brexit o que isto podía implicar para a nosa pesca e, por iso, traballa dende o primeiro momento na defensa dos intereses pesqueiros -sen que a pesca sexa utilizada como moeda de cambio nas negociacións do Brexit-, minimizar o seu impacto e converter este proceso inédito en Europa nunha oportunidade”.
“O Goberno galego sempre defendeu -e defende- un acordo do Brexit a longo prazo que aposte pola sustentabilidade da pesca e que estea ligado ao acceso mutuo aos recursos, ás zonas pesqueiras e ao mercado; que permita preservar e mellorar a distribución dos TACs e cotas de pesca e que proporcione un marco de xestión que garanta a sustentabilidade das nosas poboacións”, expuxo.
A candidata da formación popular especificou que “Galicia foi a primeira rexión europea en trazar unha folla de ruta e sigue expectante ante o Brexit”. E, ademais, “a Xunta creou un grupo de traballo interdepartamental sobre o Brexit e sobre os efectos que tería na economía e na sociedade galega. Así mesmo, puxo en marcha hai meses unha plataforma dixital que ofrece asesoramento técnico e personalizado ás empresas”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



