Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2020. Na tarde do mércores, a Xunta de Galicia presentoulles a Comisións Obreiras, UGT e a patronal CEG a súa proposta de ‘Plan de reactivación e dinamización’. Tras analizalo en profundidade, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, criticoulle ao Partido Popular a «confusión» entre o seu papel como partido e o que é a Xunta de Galicia como institución. «Veríamos lóxico que esta proposta formase parte do programa electoral do PP, pero en Comisións entendemos que a gravidade do momento require un proceso rigoroso, comprometido, de diálogo». Por esta razón, o sindicato elaborará unha «proposta autónoma que poremos en común con quen goberne o noso país os próximos catro anos».
O secretario xeral de CCOO pídelle ao Goberno que sexa «rigoroso» co proceso de diálogo, pero tamén co documento que lle presentou o seu grupo de expertos e que o sindicato está «empezando a estudar». Polo que se puido comprobar, no plan financeiro da Xunta «non hai moita receptividade» ás propostas que o grupo de expertos lle achegou ao Executivo galego, apuntou Sarmiento ao remate da reunión coa Xunta.
É un plan financeiro, non un plan de reconstrución
Segundo o dirixente sindical, a vontade da Xunta é «facer un plan financeiro, non un plan de reconstrución», no que o Goberno galego identifica as partidas susceptibles de poñer a disposición no próximo semestre. Son 850 millóns de euros de recursos que se moven, «pero dentro das mesmas Consellarías» e onde se contabilizan a previsión de recepción de fondos estatais e europeos.
Ademais de afearlle á Xunta o título «excesivamente rimbombante» que ten o documento, CCOO sinaloulle ao Executivo autonómico que «as cousas hai que facelas razoablemente ben». O sindicato esixe que se explore un pacto de reconstrución, pero empezando por «identificar cales son as pancas estratéxicas», cales son os cambios que que se deben acometer nas políticas públicas da Xunta, «que teñen moito que mudar». Despois, explica Sarmiento, haberá que acompañar ese acordo ou esas políticas públicas transformadoras dunha dotación orzamentaria e memoria financeira.
Cómpre explorar acordos amplos
Este plan de contabilidade presentado polo Executivo autonómico «sitúase nesa especie de ansiedade por xerar noticias chamativas nun contexto electoral», criticou o secretario xeral de CCOO. «Pedímoslle á Xunta que non se deixe levar por este ambiente previo a unha cita electoral». En opinión de Sarmiento, cómpre traballar «e explorar a posibilidade de acordos amplos»: no ámbito do diálogo social —cos axentes económicos e sociais—, coas diferentes institucións do noso país —concellos e deputacións— e tamén cos partidos «que dentro dun mes formen parte do Goberno ou formen parte da oposición».
CCOO pide eliminar a taxa de reposición
Por último, o secretario xeral de CCOO pediulle ao conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que lle traslade ao Goberno central a necesidade de eliminar a taxa de reposición no emprego público, unha cuestión «especialmente urxente no ámbito sanitario e dos servizos sociais».




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



