Viveiro, 25 de xuño, 2020. O pleno municipal de Viveiro comprometeuse públicamente a respectar a moción aprobada do BNG para declarar Viveiro libre de contaminación electoral, a cal propoñia que desde o Concello se habilitasen taboleiros/paneis en cada unha das parroquias do municipio, para que cada grupo político expoña aí a súa propaganda nas diferentes convocatorias electorais, renunciando así, á mala práctica tradicional de invadir todo o concello con cartelería nos seus diferentes formatos e materiais, xa sexa colada ou pendurada.
Logo dunha moción moi debatida, onde ningún do resto de partidos da corporación municipal aceptaba o punto de non pendurar propaganda electoral das farolas do concello, dende o BNG decidimos excluílo da moción para que polo menos saíse aprobado o resto, e poder minimizar así a gran parte de contaminación electoral “colada” en Viveiro. Resultando poder colocar propaganda electoral únicamente en dous sitios, das luminarias do concello e nos taboleiros habilitados para tal fin.
Desde o BNG comprometémonos a cumplir co acordado de declarar Viveiro libre de contaminación electoral, agardando que desta volta respecten TODOS os partidos políticos a moción e non como ocorreu en pasadas convocatorias.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



