Viveiro, 17 de xuño, 2020. A presidenta do CCCHV, Dolores Pérez Santos, trasladoulles algunhas das inquedanzas do colectivo, os desafíos no curto-medio prazo así como os plans para a dixitalización nos que están a traballar actualmente.
A situación da Multinacional Alcoa tamén estivo presente no encontro, desde a asociación fíxose unha proposta de colaboración ao Concello de Viveiro para traballar conxuntamente na reactivación do tecido empresarial e da cultura emprendedora do municipio, que foi moi ben acollida por parte da alcaldesa e da concelleira de comercio.
A presidenta valorou moi positivamente o encontro xa que sirve para fortalecer os nexos coa concellaría de comercio, mellorar a comunicación entre os comerciantes e o concello e, sobretodo, para fixar as bases do traballo conxunto que se vai a realizar a medio longo prazo para recuperar o liderazgo emprendedor de Viveiro.