Xove, 30 de xuño, 2020. Por iniciativa da asociación de comerciantes e autónomos de este concello fíxose unha consulta sobre o apoio a folga dos traballadores da fábrica de Alúmina-Aluminio. Prácticamente o 100% apoiaron dita iniciativa e ademais de pechar os seus locais irán a Compostela para participar na concentración diante do Parlamento de Galicia.
Somos conscientes de que a perda dos postos de traballo da empresa Alcoa vai ser outro pau para a comarca que leva anos perdendo poboación e servizos pola desatención dos distintos gobernos,
É por isto que decidimos facer unha fronte común contra o paro das cubas e as suas consecuencias.
Pedimos disculpas aos nosos clientes pero cremos que a gran maioría entenderán os motivos.