Ribadeo, 30 de xuño de 2020. A Concellaría de Medio Ambiente procederá á apertura dos baños de As Catedrais, Os Castros, Esteiro e Os Bloques a partires deste mércores, 1 de xullo, xornada na que dá comezo a tempada forte de praias. Os baños de As Catedrais e Os Castros serán de pago e pola súa utilización cada persoa aboará un euro. Eses servizos serán desinfectados despois de cada uso. Os dous areais contan con bandeira azul e o Concello de Ribadeo quere ser un referente en limpeza e desinfección. Os baños de Esteiro e Os Bloques serán gratuítos.
O concelleiro Jorge Díaz Freije anunciou que “empezamos a tempada de verán e de praias, e un dos servizos que temos no Concello de Ribadeo son os baños nos areais. Dicir antes de nada que todo o mundo sexa prudente, que respecte a distancia de seguridade, que chegue coa máscara ao areal e despois manteña o distanciamento social”.
O edil de Medio Ambiente subliñou que “imos abrir baños en Esteiro e en Bloques, cunha limpeza máis frecuente da habitual. O baño de As Illas vai estar pechado, e nas Catedrais e nos Castros vanse abrir e serán de pago. Cada persoa que entre pagará un euro, usará o baño e ao saír procederase á súa desinfección. Nos Castros estarán operativos os baños que hai arriba, entre As Illas e Os Castros, que é normalmente o destinado ás persoas con mobilidade reducida; os que están na baixada dos Castros non estarán operativos”.
Jorge Díaz engadiu que “o decidimos así por varios criterios. Os de pago, que son os de As Catedrais e Os Castros, corresponden ás praias nas que temos bandeira azul, con máis motivo queremos ser exemplares na limpeza e ser rigorosos no que ten que ver coa desinfección, debido á pandemia do Covid. Queremos procurar ser referente no bo uso desas instalacións”.
Nas praias de Ribadeo non funcionarán as duchas, nin os lavapés nin as fontes, segundo puntualizou o edil nacionalista.
O concelleiro de Medio Ambiente insistiu en “reiterar que se manteñan as normas de distanciamento e que a xente sexa prudente. Creo que así é como se poderá desfrutar destas fermosas praias que temos. Todo isto vai estar ben indicado, a partires dos próximos días, coas sinais informativas correspondentes recollendo as normas de uso e as recomendacións de seguridade, tanto para usar os baños como para o acceso ás praias”.






















A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



