Ribadeo, 17 de xuño de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anuncia a convocatoria de 18 postos de traballo laborais temporais. Trátase de 17 socorristas acuáticos a xornada completa e 1 xefe de equipo de socorrismo acuático tamén a xornada completa. O rexedor asegura que o equipo de goberno afronta con ilusión e con dificultade a campaña de verán, debido ás esixencias de bandeira azul, da Q de calidade e ás derivadas do Covid-19. Suárez Barcia amósase decepcionado coa Xunta de Galicia, xa que só lle subvenciona a Ribadeo 6 socorristas este ano fronte aos 8 do pasado. O alcalde acusa á administración autonómica de vender fume.
O rexedor explicou que “no día de hoxe sacamos a convocatoria dunha serie de postos laborais temporais para este verán 2020. Concretamente sacamos 17 prazas de socorristas para esta época estival cun salario de 1.300 euros ao mes en bruto agás para o xefe de equipo que serán 1.500 euros ao mes”.
Fernando Suárez subliñou que “isto supón un esforzo moi importante desde o punto de vista económico. E ao mesmo tempo este ano, como todo o mundo sabe, moi problemático pola situación do coronavirus e pola incerteza desta nova normalidade. Este ano temos unha problemática enorme co control, por si se fan aforos ou non, cos requisitos que piden as bandeiras azuis que nos acaban de conceder, coa Q de calidade que temos tamén en varias praias e que afrontamos con moita ilusión, pero con moita dificultade”.
O alcalde criticou que “este ano concretamente estamos enormemente decepcionados pola actitude que ten a Xunta outra vez máis con Ribadeo. No 2019 tan só nos deron oito pírricos socorristas e este ano, con todo o que está caendo con todo o problema que temos, déronos nin máis nin menos que seis socorristas, unha cifra equivalente en 18.000 euros, cando o sistema de socorrismo e de atención a todo o que significa este ámbito estival nos supón 100.000 euros, e a Xunta nun ano tan problemático no que di que tanto axuda aos Concellos nos da menos que nunca. Isto é unha proba de que todo o que están facendo desde a Xunta de Galicia do PP é fume o que vende día tras día, nos xornais e na súa televisión, pero a realidade é ben distinta á que se vende neses mundos ideais. Polo tanto desde o Concello, concretamente desde o noso, rascamos fondos de onde podemos porque queremos dar seguridade nas nosas praias, á nosa xente e tamén aos de fora que poidan vir neste verán”.
Suárez Barcia engadiu que “o prazo para inscribirse nestas prazas convocadas polo Concello de Ribadeo será ata o 25 deste mes de xuño”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



