Burela, 22 de xuño, 2020. Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir este xoves 25 de xuño ás XXVII Xornadas Técnicas de Expomar, que se celebrarán a través de vídeoconferencia na plataforma “IESIDE sen muros” de Afundación Abanca. A inscrición pode realizarse de forma gratuíta desde a web www.expomar.com.
Baixo o título “A Pesca, un sector esencial; e agora, que?” esta primeira edición non presencial das Xornadas analizará a situación pesqueira actual desde distintos puntos de vista, tendo en conta o impacto da COVID-19 e o BREXIT nun sector esencial como a pesca, así como as principais repercusións sociais e económicas esperadas para os próximos meses.
O foro, que ía ter lugar en Burela os pasados 28 e 29 de maio pero se aplazara pola situación de estado de alarma, terá lugar entre as 10:00h e as 14:00h e comezará coa presentación a cargo do Presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e a intervención da Secretaria Xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villaoriz.
Xa no desenvolvemento da Xornada participarán a Directora Xeral de Pesca da Consellería do Mar da Xunta Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda; o Presidente da European Fisheries Alliance (EUFA), Gerard van Balsfoort; e o Secretario Xeral de CEPESCA e Presidente de EUROPECHE, Javier Garat.
Como en tódalas edicións presenciais, ao finalizar o encontro terá lugar un debate aberto entre tódolos participantes, que será moderado polo Director de ABANCA MAR, Javier Fraga. Os asistentes ao encontro virtual tamén poderán facer chegar as súas preguntas a través do chat da aplicación.
A clausura das Xornadas Técnicas 2020 correrá a cargo da Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, a partir das 13:00h.
As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial están promovidos pola Fundación EXPOMAR, en colaboración coa Deputación de Lugo e Afundación Obra Social Abanca, e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



