Burela, a 22 de xuño de 2020. O Grupo Municipal Popular do Concello de Burela asegurou este luns que “cando xa teñen pasado máis de tres meses dende que se declarara o estado de alarma e se desatara a peor crise sanitaria vivida neste século e, por extensión, a peor crise económica e social, o alcalde de Burela e o seu goberno, co beneplácito da súa parella de baile, o BNG, non ten concretada ningunha partida económica, agás do dedicado no Plan Único, para axudar a autónomos, pemes e familias a paliar a crise xerada polo Covid-19”.
“O Grupo Municipal do PP leva feito propostas sobre este asunto”, indican os populares, “pero Llano fixo caso omiso, ou en ocasións asumiu como propias algunha das nosas propostas. A nosa sorpresa, se é que hai marxe de sorpresa coas actuacións de Llano, actuacións en todo caso tardías cando as hai, é que nos orzamentos deste ano non hai ningún tipo de axuda extraordinaria para os colectivos afectados, cando vemos que outros concellos, de calquera cor política, xa están a actuar”.
“En Burela, en troques, seguen a cargarse os recibos de auga e do lixo aos locais que estiveron pechados, e seguen a cargarse os prezos públicos polas terrazas da hostalaría o que nos parece unha ausencia de xestión que non se merece o noso Concello, que tiña un sector comercial de importancia”.
Os populares engaden que “mentres os autónomos, pemes e familias afectadas loitan para saír adiante, Llano segue a facerse fotos e anuncios que nunca chegan a concretarse. Burela, pobo de xente traballadora e emprendedora, non se merece un alcalde así, que por certo, está a gobernar, de forma máis ca evidente, co apoio encuberto do BNG”, conclúen dende o Grupo Municipal Popular de Burela.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



