Ribadeo, 8 de xuño de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercado semanal dos mércores contará esta semana coa totalidade dos postos que había na súa ubicación anterior. Para o rexedor isto suporá un novo impulso para o mercado ribadense, onde seguirá habendo estritas medidas de protección e de hixiene e onde se deberán manter as distancias de seguridade entre vendedores e compradores. Os postos estarán colocados no aparcamento municipal e na rúa Daniel Cortezón.
Fernando Suárez contou que “logo de ir aumentando o número de postos nestas últimas semanas, desde que cambiamos o mercado semanal dos mércores para a nova ubicación no aparcamento público detrás da Avenida de Galicia, este mércores contamos con celebralo coa totalidade dos postos que había tanto no ámbito agroalimentario como noutro tipo de sectores como o téxtil, etc…”.
O alcalde explicou que “todos os postos teñen que ter unhas medidas necesarias e obrigatorias de protección e de coidado de acordo coas normativas de sanidade que recibimos todos os Concellos”.
O rexedor engadiu que “agora, con toda esta intención de colocar todos os postos, entendemos que vai dar un novo impulso ao mercado tanto para os consumidores como para os produtores, para os que venden e para os que compran. Confiamos que todo vaia indo tal cal foi indo nestas últimas semanas, que foi indo razoablemente ben, cos espazos de separación suficientes e actuando todo o mundo de maneira moi prudente para conseguir entre todos facer que o mercado de Ribadeo siga sendo un mercado seguro, coas distancias de protección e de seguridade entre postos e entre postos e compradores, e esperemos que vaia sendo así. Agora xa ocupando a totalidade do aparcamento e incluso a rúa Daniel Cortezon”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



