Lugo, 25 de xuño de 2020. ”Por fin empeza a aflorar a verdadeira estratexia do Goberno, presidido por Pedro Sánchez, no tema Alcoa: Non se trata dun debate de política industrial senón dun debate sobre enerxía”. Así o sinala o PP lucense, presidido por Elena Candia, que tamén indica: “Tiñamos na mesa unha solución que valía a Comunidades Autónomas de distinta cor política, ao comité, a todos os implicados: a aprobación dun estatuto electrointensivo incorporando as alegacións. Pero o que realmente aflora, o que deixa ver a postura do Goberno, é un novo modelo de política enerxética sen concretar, nin tecnicamente nin en que prazos e que non resolve o problema”. O PP de Lugo di ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que aproveitando a súa visita a Galicia, para participar nun mitin en Ourense, se desprace a A Mariña e se reúna cos traballadores de Alcoa, que, en palabras do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, “é un dos principais problemas que ten abertos Galicia agora mesmo e o máis relevante para a provincia de Lugo e, especialmente, para A Mariña”
O partido que ten por presidenta provincial a Elena Candia indica que “é o momento de preguntar ao BNG cales foron os termos da súa negociación para apoiar a Pedro Sánchez, se efectivamente se desenvolvía nun escenario de nova política enerxética”. Os populares din que “o que se ve é que hai algunha xente máis preocupada de atacar á Xunta que en resolver o problema, mediante unha solución que era válida para todos, que era a aprobación do estatuto electrointensivo coas alegacións das CC.AA., da Xunta, do comité…”. Para o PP “todo indica que dentro das prioridades do Goberno presidido por Pedro Sánchez non está salvar Alcoa”.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, sostén que a clave do problema está no prezo da enerxía, e iso é algo que ten que solucionar o Goberno. Salgueiro di a Pedro Sánchez: “Visite aos traballadores de Alcoa con solucións baixo o brazo, porque hai que parar a sangría de perdas con medidas de aplicación inmediata, con unha solución transitoria, porque non se pode esperar tres anos a que sexan aplicables as medidas previstas polo Goberno”. O prezo máximo da enerxía eléctrica
non pode pasar, di Salgueiro, dos 35 euros/mw.
O alcalde de Xove recomenda á ministra de Industria Reyes Maroto: “O que ten que facer é solucionar o problema e non pedir que a empresa soporte perdas de maneira indefinida”.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



