Lugo, 09 de xuño de 2020. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, participou na mañá de hoxe xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG na marcha de delegados e delegadas da CIG demandando unha saída xusta e en chave galega á crise económica, laboral, industrial e social que atravesamos. Segundo Olalla Rodil “se algo aprendemos da crise sanitaria do COVID-19 é que temos que reforzar os servizos públicos e poñer fin a máis dunha década de goberno do Partido Popular, con recortes orzamentarios e de persoal, especialmente en sectores como o da sanidade pública”.
“Precisamos unha sanidade forte e con recursos económicos e humanos, o que garantirá ás galegas e galegos poder gozar dun dereito universal como é o dereito á saúde”, declarou Olalla Rodil, que engadiu, “a partir do 12 de xullo desde o BNG comprometémonos a traballar para fortalecer os servizos públicos galegos”. A este respecto, Rodil declarou o compromiso do BNG de convocar as 6.000 prazas vacantes no Servizo Galego de Saúde. Segundo Olalla Rodil, “non podemos volver recortar en servizos públicos, o que supón unha perda de dereitos fundamentais para o conxunto do pobo galego”.
Olalla Rodil declarou que “sorprende que o candidato do Partido Popular fale de recuperar o persoal perdido pola taxa de reposición, que foi imposta polo seu partido no ano 2011 desde o goberno do estado”. “Isto impide contar cos recursos humanos necesarios nos servizos públicos galegos para garantir á poboación dereitos básicos como son a sanidade ou a educación”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



