Lugo, 22 de xuño de 2020. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Pancho Casal, acoompañou ao cabeza de lista por Lugo, Iván R. Lombardero e ao resto da candidatura na súa presentación en Lugo. Nun almorzo informativo, Casal asegurou que “fai falla que toda a cidadanía estea implicada na reconstrución do país”. Sinalou que “o señor Feijóo non é un gran xestor”, pois, segundo o candidato, “el sempre xestionou empresas públicas, onde se non había cartos para pagar as nóminas, chamaba a Facenda e xa llos daban”. A este respecto, engade que o presidente da Xunta “nunca tivo que sentir o que sinten os pequenos e medianos empresarios deste país a final de mes”. Para Casal, outro dos problemas do señor Feijóo é que está rodeado de “burócratas”, xente “que non coñece o país”. “Dubido de que moitos conselleiros saiban cando paga unha empresa en seguridade social dos seus traballadores”, afirmou.
O candidato á presidencia fixo referencia á visita de Casado a Galicia para asegurar que “logo din que Feijóo é moderado, outra mentira”. “A realidade é que Feijóo é o máximo expoñente do PP de Casado e da marquesa Cayetana”, asegurou Casal.
O candidato á presidencia foi moi crítico coa política económica da Xunta de Galicia, tratando de desmontar “o falso mito da boa xestión económica de Feijóo”. “Sumando todos os anuncios de partidas económicas nas roldas dos Consellos da Xunta de todo un ano, Feijóo prometeu unha cantidade de investimentos superior a tres orzamentos da Xunta, e logo é incapaz de executar o propio orzamento aprobado”, aseverou, engadindo que “non executaron o 30% do orzamento para innovación nin o 48% do orzamento para pesca en 2018”.
Pancho Casal insistiu tamén na necesidade de poñer en marcha unha solución urxente para Alcoa, esixíndolle á empresa que “se non quere seguir se aparte e venda, e que se non quere, pois a alternativa é que deixe todo aquilo como estaba, como figura na concesión”. Casal denuncia que todos os galegos puxemos cartos para baixar o recibo da luz de Alcoa pero “logo esa pasta vai para as eléctricas”. “Aquí hai xente que fala de tarifas eléctricas galegas; a min dame igual que sexan de Galicia ou do Kurdistán, o que quero é que sexan competitivas”, sinalou o candidato.
Así mesmo, dende a Marea Galeguista propuxeron desenvolver un gran parque eólico mariño entre Foz e Ribadeo. “Hai que lembrar que Galicia ten terreo fértil, auga, vento e mar, e os países que teñen iso son os países do futuro”, dixo, engadindo que “en Lugo poderíase producir enerxía limpa para garantir o futuro dunha industria máis sostible que dea traballo na provincia”.
Pola súa banda, o cabeza de lista da Marea Galeguista por Lugo, Iván R. Lombardero, afirmou que “Lugo ten unha clara vocación agroforestal que ten hoxe unha enorme importancia económica e ten que seguir téndoa no futuro”. Porén, para garantir o seu futuro, seguno Lombardero, “ten que reorientarse cara a sustentabilidade”.
“Temos que garantir a demanda de madeira de calidade, proveer ás explotacións dunha base territorial abonda e nunha peza, e pór en marcha a compra pública de produtos locais de horta son algunhas das nosas propostas para un rural vivo diverso e sustentable”, concluíu.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



