Lugo, 11 de xuño de 2020. “Se facemos unha análise por xeodestinos, o balance aínda é máis clarificador do nulo compromiso da Deputación co turismo da Mariña”. Así o afirma o voceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira, logo de estudar máis polo miúdo o Plan Extratéxico de Turismo 2017-2020 da institución luguesa.
Neste senso, considera que, malia detallar que as actuacións nesta comarca se basean nos seguintes eixos de actuación: turismo litoral, turismo agroalimentario e mariñeiro, e grandes eventos, o documento “tan só se queda nunha declaración de intencións”. “Somos unha comarca diferenciadora polo seu carácter costeiro, pero ningunha desas tres estratexias se conseguiu”. Proba delo, explica Castiñeira, é que “o papel da Deputación é absolutamente irrelevante, aparecendo unicamente en pequenas colaboracións con diferentes servizos xa xestionados por concellos ou pola propia Mancomunidade”.
Esta circunstancia é a que leva ao popular a concluír que “son tres anos perdidos”. “Nin os mesmos veciños nin os propios operadores asimilan turismo da Mariña coa Deputación de Lugo”, manifesta. E é que, segundo indica, “a promoción baséase nos carteis de obras que afean as zonas, estando a maioría desfasados, o que crea un efecto contrario”.
Traballo da Xunta
Por este motivo, Castiñeira, parafraseando o propio lema do Plan “Lugo Cambia”, considera que, “despois de que se gastasen os cartos neste documento, nada cambiou en Lugo e, moito menos, na nosa comarca”. Diferente é, segundo o popular, o traballo que están a facer outras administracións por consolidar A Mariña nun destino turístico e, en consecuencia, converter este factor nun elemento dinamizador e potenciador da economía da zona.
Refírese o voceiro do PP á Xunta de Galicia que, coa colaboración da Mancomunidade, crearon unha xerencia propia para promocionar a comarca de forma conxunta e asinaron un convenio por valor de 190.000 euros para desenvolver accións específicas como a consolidación de produtos turísticos propios, a formación de axentes turísticos e a promoción do xeodestino, con campañas de divulgación nas redes sociais e perfeccionando páxinas webs de promoción turísticas. Este acordo renovarase este ano.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



