Cervo, 30 de maio de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, apunta que se ben aínda hai marxe para reverter o anuncio dos despedimentos por parte da multinacional Alcoa, “unha vez activada a bomba o Goberno do Estado ten que actuar con carácter inmediato e sen medias tintas, seguindo o camiño que considere oportuno, pero garantindo que o aluminio se siga a producir na Mariña”.
Levamos máis de ano e medio –precisou- pendíndolle desde os diferentes estamentos , desde o Comité de Empresa, desde as Administracións locais e Autonómicas, que aprobe ese estatuto que garanta un prezo da enerxía que permita que a nosa empresa sexa competitiva no marco europeo; “non lle levaría máis dun minuto tomar a decisión de salvar a nosa comarca; se quere pode”.
Villares subliñou que a axuda que precisa esta zona por parte do Estado, vese amortizada con creces, xa que a riqueza que xera a empresa do alumino quintuplica o investimento que é necesario para que sexa competitiva.
O alcalde recordou que vai uns anos nesta zona se fixo un investimento público de calado para poder introducir o gas, e que produción do aluminio fose medioambientalmente máis sustentable. Polo que o discurso do Goberno da contaminación é un enredo. “o alumnio como materia prima fundamental que é, se non se produce aquí, vaise producir noutro lugar do planeta, e seguramente con políticas medioambientais menos rigorosas, polo que o impacto será moito maior que nun país desenvolvido como o noso”.
O rexedor puxo en valor o “capital humano da nosa empresa do aluminio, que foi renovado vai moi poucos anos, hai moita xente nova traballando nesa fábrica, “que non se produza aluminio aquí é un escenario terrible que non queremos nin imaxinar e que levaría á Comarca ao despoboamento, ademais”; non podemos desperdiciar tal capital de tecnoloxía e de traballo”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



