A pasada noite comezou a xornada de folga convocada polo comité de empresa. Houbo barricadas e cortouse a vía do FEVE. Hoxe as rúas compostelás acollen as protestas de toda unha comarca. Tamén a Xunta xa que rematarán en San Caetano. Os Concellos apoian a xornada con peches de dependencias e paróns, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz… tamén pecha o comercio de Xove en sinal de solidariedade. Un día máis a loita continúa. A Mariña sálvase loitando!
