A Mariña, 4 de xullo, 2020, A CIG-Ensino da Mariña, ante a grave situación sanitaria derivada do brote do covid-19 na nosa comarca, quer dirixirse publicamente á CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galiza, responsábel da organización da Selecitivade) e á Consellaría de Educación esixindo que se extremen as medidas de protección da saúde tanto para o profesorado como para o alumnado na realización dos exames da ABAU en Viveiro os próximos días 7, 8 e 9 deste mes.
Asimesmo, e dado que pode haber algunha alumna ou alumno confinado neste momento, pedimos que se respecten os seus dereitos a realizar o exame, e se promovan todas as medidas necesarias para que así sexa.
Desde a CIG – Ensino non podemos máis que criticar a falta de previsión da Consellaria de Educación no que respecta ás súas obrigas para co profesorado e alumnado, o que implica a constante improvisación. No momento en que o conxunto da comunidade educativa galega estamos aínda sen coñecer nin o máis mínimo dato das decisións que ten pensado adoptar a Xunta para o comezo de curso escolar, negando de momento a negociación coas organizacións sindicais, asistimos a unha desidia e unha parálise no rebrote da Mariña, xusto cando se debe actuar con rigor e responsabilidade. E isto é algo que non podemos nin debemos consentir.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



