Burela, 2 de xullo de 2020. A Concellería de Turismo e de Deportes de Burela anuncia que se suspenden as actividades das escolas deportivas que ían comezar o vindeiro luns, debido ao rebrote de coronavirus que está a afectar á Mariña. Quedan canceladas tamén as visitas ao barco museo Reina del Carmen. O edil Ramiro Fernández asegura que en canto sexa posible poderían reanudarse ambas cousas. Neste verán non haberá a Ruta do Peixe por motivos de seguridade.
Fernández Rey comentou que “desde as Concellerías de Turismo e Deportes, das que son responsable, queremos anunciar que as escolas deportivas, que tiñamos anunciado que empezarían este próximo luns, dada a situación de incerteza que hai con respecto ao rebrote do coronavirus que está habendo na Mariña, máis concretamente en Burela, imos vernos obrigados a suspendelas de maneira momentánea, ata que as circunstancias así o digan. Se podemos chegar a facelas máis adiante intentaremos reactivalas, pero en principio imos suspendelas. Queremos informar a toda a xente que presentou a súa solicitude para participar nas actividades, que quedan suspendidas”.
O concelleiro de Turismo e de Deportes contou que “falando co alcalde decidimos tamén suspender as visitas ao barco museo polo mesmo motivo. Entendemos que a situación está lonxe de ser controlada e parece que cada día van aparecendo máis casos, e desde logo non queremos arriscarnos a que sexan un foco de infección nin as escolas deportivas nin o barco museo. Se vemos a posibilidade de reactivar máis adiante as escolas ou as visitas ao Reina del Carmen farémolo, pero desde logo a día de hoxe vémonos na obrigación de suspender estas actividades”.
Ramiro Fernández manifestou que “polas mesmas circunstancias as Rutas do Peixe, que viñamos celebrando todos os anos e que tanto éxito estaban tendo e que tanta xente está preguntando por elas, neste caso falando con ABSA, que é a outra entidade que colaboraba e activaba as Rutas do Peixe, tamén decidimos que este ano non imos facelas, derivado todo da situación que estamos vivindo agora mesmo, tanto na Mariña e particularmente en Burela, co tema do rebrote do coronavirus”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



