Lugo, 1 de xullo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou este mércores dunha nova medida de apoio aos concellos da provincia para a saída da crise provocada pola pandemia. Trátase da decisión de inxectar outros 11M€ aos concellos da provincia adheridos ao servizo de xestión de impostos da institución, adiantándolles os pagos mensuais previstos entre xullo e setembro. Este importe súmase aos 11M€ que xa lles adiantou en abril polos pagos correspondentes ao segundo trimestre do ano.
José Tomé subliñou que, con esta nova transferencia de recursos económicos, a Deputación “facilita liquidez aos concellos para que poidan afrontar con máis garantías a saída da crise ou para levar a cabo todas aquelas accións que consideren necesarias para atender á veciñanza e o tecido económico dos seus territorios”.
Esta decisión pon de relevo unha vez máis o firme compromiso do Goberno da Deputación de cooperar cos concellos: “É a nosa función esencial, e máis nestes momentos, nos que sobre todo os pequenos municipios dificilmente poden encarar as novas necesidades que están xurdindo, porque dispoñen de menos recursos. É aquí onde temos un papel clave, facilitando que dispoñan de recursos para atender aos seus veciños e veciñas”, subliñou o Presidente.
O adianto, do que se benefician o 94% dos concellos da provincia, todos os que teñen delegada na Deputación a xestión e cobro de tributos, supón un importante esforzo de tesourería por parte da institución provincial.
Esta medida súmase ás adoptadas xa pola Deputación para poñer a disposición dos concellos recursos económicos. Ademais dos adiantos de pagos previstos entre abril e setembro, que suman un total de 22M€, a institución aprobou o Plan Único 2020, que inxectará de maneira directa nos 67 concellos da provincia 21,3 M€, e que foi adaptado polo Goberno provincial para que os municipios poidan cubrir con 10,6M€ medidas sociais e económicas fronte ao coronavirus.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



