Lugo, 16 de xullo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron este xoves no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración da institución provincial con este municipio para a celebración do IX Festival do Aturuxo, na parroquia de Santiago de Bravos. A través deste convenio, a Deputación achega 15.000 euros para colaborar no financiamento desta cita musical, que, por mor da crise sanitaria da COVID-19, quedou aprazada ata despois do verán.
José Tomé destacou a importancia de manter este tipo de colaboración cos concellos e co tecido asociativo da provincia, sobre todo neste momento de crise provocada polo coronavirus, no que é máis necesario impulsar iniciativas que contribúan a dinamizar a economía e o turismo.
Este é precisamente o obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol, ademais de poñer en valor a cultura galega, pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.
Este evento estaba previsto para o vindeiro 31 de xullo e 1 de agosto, pero dende a organización decidiron aprazar as datas de celebración esperando que poida realizarse unha vez pasada a época estival e establecendo todas as condicións de prevención e seguridade necesarias para o público asistente, músicos e voluntarios que participan nesta cita.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



