Lugo, 16 de xullo de 2020. A Xunta de Galicia porá en marcha medidas específicas de impulso á promoción e reactivación turística da Mariña lucense para reducir o impacto que a crise sanitaria está tendo nesta comarca e xerar liquidez no seu tecido empresarial. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, durante o encontro que mantivo co presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, e empresarios do sector para escoitar as súas demandas e expor as propostas que a Xunta de Galicia pon á súa disposición para activar o sector.
O titular de Cultura e Turismo en funcións reiterou o “firme compromiso” do Goberno e avanzou que se traballa en varias liñas simultáneas. Algunhas xa están en marcha no marco do programa Galicia destino seguro, como o convenio coa asociación provincial que inclúe accións de formación online en materia hixiénico-sanitaria e un servizo de asesoramento. Ademais, no marco do convenio asinado con turoperadores galegos, estase traballando na posta en marcha de novas experiencias turísticas na Mariña lucense.
Para dar continuidade a este traballo, o plan da Xunta inclúe duplicar o apoio ao xeodestino para a creación de novos produtos que reforcen a súa imaxe como destino seguro. Tamén se referiu a eventos como o Resurrection Fest, sobre o que avanzou que se está traballando coa organización do festival para deseñar conxuntamente novas iniciativas a curto prazo que axuden a reactivar o sector e dinamizar o consumo. Ademais, puxo de manifesto a aposta do Goberno autonómico por levar a cabo accións culturais e turísticas que sexan quen de xerar impacto tanto dentro como fóra da comarca, con referentes patrimoniais como o Museo de Sargadelos, a Catedral de Mondoñedo ou San Martiño de Foz.
Como indicou Román Rodríguez, A Mariña contará “co apoio necesario da Xunta para superar esta situación e afondar en todo aquelo que fai da comarca un destino singular e sustentable”. Por iso, trasladou esta semana á ministra de Industria, Comercio e Turismo a necesidade de que tamén desde o Estado se poñan en marcha medidas específicas de apoio a destinos afectados por rebrotes da covid-19 como A Mariña.
Reunión coa Mancomunidade
Como explicou aos empresarios turísticos, a Xunta proporá, ademais ao Goberno de España e aos concellos da comarca que A Mariña lucense se converta no primeiro territorio galego no que se poña en marcha un Plan de Sustentabilidade Turística, unha iniciativa que o Estado quere implantar en colaboración coas administracións locais e autonómicas en destinos pioneiros xa consolidados e en territorios rurais e do interior. Neste sentido, Román Rodríguez salientou á oportunidade que isto suporá para o tecido empresarial da Mariña cunha planificación a tres anos.
O encontro mantido hoxe cos empresarios turísticos da comarca dá continuidade ás reunións mantidas nas últimas semanas para informar e asesorar aos profesionais sobre as opcións e propostas do Goberno autonómico para a súa recuperación económica. Coa intención de seguir avanzando na folla de ruta do impulso turístico da Mariña, a Xunta prevé continuar mantendo unha rolda de contactos con diferentes axentes da zona como a Mancomunidade de municipios da Mariña lucense.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



