Ribadeo, 14 de xullo de 2020. ACISA presentou hoxe o seu novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederá aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir.
Dende a patronal aseguran que esta é unha forma sinxela e práctica de axudar a reactivar canto antes a economía local, dando as máximas garantías e reforzando a confianza da cidadanía.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “esta iniciativa xurde da necesidade de dicirlles aos nosos clientes, sexan veciños ou visitantes, que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir, que poden confiar en nos e nos nosos negocios, que Ribadeo é un lugar onde se cumpren todas as normas e onde podemos facer unha vida normal, mercando agasallos, tomando unhas cañas ou indo cear. Con esta iniciativa queremos reforzar a confianza da cidadanía dicíndolles que non teñan ningún reparo en acudir a un negocio local e que visite Ribadeo, porque hai motivos dabondo para facelo: paisaxe, monumentos, mar, rutas, gastronomía,etc”.
Pola súa banda, o xerente de ACISA, Jesús Pérez, explicou o procedemento a seguir polos locais que queiran ter este novo selo: “o certificado Ribadeo Seguro deberá ser solicitado por cada socio a ACISA Ribadeo. Unha vez solicitado, faráselles entrega da guía preventiva correspondente ao seu sector empresarial, na que se lles informa dos requisitos, normas, protocolos de prevención, limpeza, hixienizacion, …. que debe de implantar no seu negocio. Tras a obtención de dita guía e de comprometerse a cumprir ditas normas e prevencións, fáiselles entrega do certificado Ribadeo Seguro, acreditando así ao negocio coma seguro e onde se cumpren todas as normas e prevencións fronte o Covid-19”.
Unha vez entregado o selo, ACISA comprométese a vixiar o cumprimento das normas, como asegurou o xerente da asociación: “dende ACISA poderanse facer vistas aos establecementos de xeito informativo para comprobar que as normas se están a cumprir e de fallar algo ou ter que modificar algo, informar ao empresario para que poida corrixilo e así garantir unha seguridade máxima, tanto para traballadores coma para clientes”. E engade “ademais se un negocio cumpre as normas que lles facemos chegar, terá un paso moi avanzado si se chegaran a producir inspeccións dalgunha administración.”
Francisco Iriarte dixo que “con Ribadeo Seguro queremos acreditar o que xa case o 100% dos negocios fan, que é cumprir as normas. Dicirlle aos nosos clientes que é seguro acudir aos negocios da vila, porque están informados de todas as normas que teñen que cumprir e ademais cúmprenas, e que teñen os materiais necesarios a disposición dos clientes: xeles, mascarillas, luvas… porque coñecen os protocolos de desinfección, hixienización e limpeza de superficies e prendas”.
E rematou agradecendo á Xunta a súa axuda: “as guías foron elaboradas coa colaboración e o financiamento da Xunta de Galicia, á que llo agradecemos. A base normativa forma parte das recomendacións e protocolos que dende o ISSGA nos trasladaron para cada sector. Son guías profesionais, realizadas por espertos da Xunta que contan con todas as garantías. Vanse editar 5 modelos diferentes para os sectores de comercio, bares e restaurantes, hoteis, perruquerías e sector servizos; os socios poderán solicitalos dende hoxe mesmo e recollelos dende o luns, 20 de xullo”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



