Lugo, 3 de xullo, 2020. A cabeza de lista do PP por Lugo para as eleccións autonómicas, Elena Candia, mantivo unha reunión con directivos da Asociación Provincial de Taxistas, para analizar a situación do sector. O citado colectivo estivo representado por Luís Castro, Miguel Ángel Lostre, Merry Comendeiro e Benigno Varela.
Candia expresou o seu agradecemento aos representantes do sector do taxi polo compromiso social demostrado durante os servizos que prestaron durante a pandemia.
A candidata e presidenta provincial do PP puxo en valor a importancia do sector nunha provincia coas peculiaridades xeográficas que ten Lugo e a dispersión poboacional que a caracteriza.
Candia dixo que o do taxi é un sector que ten que ser tido moi en conta á hora de deseñar e executar proxectos para o desenvolvemento da provincia.
.