Ribadeo, 5 de xullo, 2020. O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, asegura que “nestes momentos, debemos ser sumamente responsables”. Así o manifestou tralo anuncio do peche da comarca durante cinco días nos que non se poderá entrar nin saír da comarca, salvo por causas xustificadas. “Unha medida adoptada polas autoridades sanitarias para facer fronte ao rebrote de casos de coronavirus na Mariña”.
O voceiro dos populares ribadenses xa pedira, nos últimos días, “tranquilidade e responsabilidade por parte de todos”. De feito, explica que “está nas nosas mans cumprir as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias polo ben de todos”. Deste xeito, “ademais de protexernos a nós mesmos; tamén estaremos protexendo ás nosas familias e aos nosos amigos”. Lembra, neste sentido, “a importancia do uso de mascarilla, de manter as mans limpas e desinfectadas con hidroxel e de gardar a distancia de seguridade entre as persoas”.
Daniel Vega sinala que “o máis importante nestes momentos é a saúde das persoas”. Así, a pesar de que o número de casos positivos no municipio de Ribadeo é escaso; “debemos respectar as medidas para contribuír a frear esta situación e volver canto antes á nova normalidade”. Tal é así que o Grupo Municipal Popular de Ribadeo non estaba a desenvolver actos electorais no municipio durante esta campaña e continuará con esta actitude responsable.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



