Monforte, a 17 de xullo de 2020. Os deputados no Congreso por Lugo e Ourense, Jaime De Olano e Joaquín García Díez e Celso Delgado, respectivamente, acompañados da voceira do PP en Monforte, Katy Varela, e da deputada autonómica, Raquel Arias, mantiveron este venres unha xuntanza con representantes sindicais de Renfe e Adif para abordar “a supresión e parálise de varias liñas de tren levadas a cabo polo Goberno Central e consensuar as próximas iniciativas que os populares levarán a cabo nos vindeiros meses”.
Deste xeito, acordaron presentar na Cámara Baixa varias propostas que se engloban en tres eixos de actuación. Primeiro, demandar do Goberno de Sánchez a recuperación das frecuencias entre Lugo-Monforte-Ourense e con outros puntos de España, de forma que este servizo non só acade o funcionamento existente antes da aparición do covid, senón que se establezan novas comunicacións como pode ser a do tren-hotel. Segundo, aumentar a plantilla de maquinistas e dotar de máis persoal outros servizos que son deficitarios para que a calidade do servizo non sexa aínda máis precario e, terceiro, recuperar o cronograma que deixara encamiñado o Partido Popular durante o seu mandato e que incluía unha redución dos tempos entre Lugo-Ourense e a conexión da Alta Velocidade coas variantes de Oural e Canaval, así como a electrificación das liñas e a mellora das vías. Os populares farán esta petición porque foi durante o Goberno de Rajoy cando se duplicou o número de frecuencias, pasando de 2 a 4. Na actualidade, só hai unha.
Trátase, por tanto, dun plan que vai dirixido “a frear este desmantelamento e que a nosa provincia non quede descolgada da Alta Velocidade”. “Dende logo, insisten, dende o PP non imos permitir que se empregue o covid como escusa para seguir acabando cun servizo que, durante moito tempo, supuxo unha das principais comunicacións de Lugo e unha fonte de emprego moi importante na zona sur”, reivindican.
Mocións no Senado, nos Concellos e noutras administracións
Os populares tamén farán esta petición no Senado, nos Concellos e noutras administracións, como a Deputación e no Parlamento de Galicia, e farano de xeito coordinado porque, co inicio do estado de alarma, o pasado mes de marzo, Renfe deseñou un plan de transporte, que incluíu a cancelación e/ou redución da súa oferta relacionada cos trens comerciais AVE, Longa Distancia, Media Distancia e Avant.
Así, elimináronse 29 trens en Galicia, que conectaban o noso territorio con Madrid, Barcelona, País Vasco, León, diversas cidades da meseta, Portugal e incluso entre cidades e vilas galegas. Destes, 22 afectan directamente a Monforte de Lemos. Entre estas conexións suprimidas, destacan os trens hoteleiros que conectaban Lugo con Barcelona e Lugo con Madrid, pasando en ambos os casos por multitude de cidades españolas coas que a provincia de Lugo tamén perdeu a conexión nocturna.
Esta diminución da frecuencia dos trens tamén prexudica os movementos por transporte ferroviario entre varias vilas e cidades galegas, xa que moitos destes trens foron usados non só polos viaxeiros para viaxar a outras partes da Península, senón tamén por traballadores que usaron estas liñas para poñerse ao seu traballo nas cidades galegas.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



