Lugo, 9 de xullo, 2020. Non pode ser que os intereses electorais pasen por riba da saúde, da seguridade e necesidade de información e transparencia que ten a poboación ante o rebrote de coronavirus que está a espallarse pola Mariña lucense. Isto é o que opina a formación ecoloxista EQUO Galicia, amosando o seu apoio ao comunicado dos alcaldes da mariña lucense sobre a posibilidade de adiar as eleccións do 12 de xullo.“Dende o noso partido tememos que o goberno autonómico nonsexa claro e transparente con respecto á súa xestión do rebrote do coronavirus na Mariña. A poboación precisa ter información correcta sobre o avance de contaxios. Temos constancia de que as cifras publicadas non se corresponden cos datos reais e tememos que o impacto poida ser maior. Pensamos que non podeser que se oculte información a penas catro días dunhas eleccións autonómicas e que o motivo sexan os intereses electorais do partido que goberna” explicou o candidato á Xunta deGalicia, Alberto Prieto.A formación ecoloxista demanda que se expoñan os datos existentes sobre o rebrote e non se espere ao día 13 de Xullo. “Deberían levarse a cabo todas as medidas de seguridade que sexan necesarias, mesmo se é necesaria a suspensión ou aprazamento das votacións na comarca afectada” suliñou Prieto.
EQUO Galicia denuncia a opacidade dos datos da Xunta no rebrote do COVID-19 na Mariña
EQUO Galicia denuncia a opacidade dos datos da Xunta no rebrote do COVID-19 na Mariña
Relacionado
-
A Deputación reivindica o papel da Granxa Gayoso Castro como laboratorio vivo de formación veterinaria
-
Os deputados do PP visitan a maior granxa de porco celta de Asoporcel da provincia de Lugo, exemplo de “dinamización do rural e do sector primario”
-
Éxito rotundo das actividades ambientais da Reserva Terras do Miño, que esgotaron case todas as prazas do 3º trimestre en só 30 minutos