Ribadeo, 7 de xullo de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou esta tarde que o presidente da Xunta, Alberto Núñez, “lle fixo un pésimo favor á Mariña lucense” por non ter tomado antes medidas tendentes a evitar que o brote de coronavirus se fora espallando pola comarca. Suárez Barcia alude á alarma social desencadeada e aos baixos niveis nos que se atopa a actividade económica e avoga polo aprazamento das eleccións autonómicas na Mariña.
O rexedor dixo que “os datos oficiais que o conselleiro de Sanidade nos deu hoxe indican que Ribadeo segue tendo 2 contaxiados, dunha poboación de practicamente 10.000 habitantes. Esta cifra está evidentemente moi distante de onde existen outros focos de contaxio na mesma comarca; e digo isto con toda a prudencia porque sendo hoxe así non quere dicir que mañá ou pasado a cifra se poida incrementar”.
Para Suárez Barcia “outra cousa é o modo en que se nos dan os datos por parte da Consellería, que cada día é dun xeito diferente. Se o goberno da Xunta quere inspirar confianza na xente debe ser transparente e dar toda a información de xeito honesto e obxectivo aos Concellos, para que así a cidadanía poida tomar conciencia e se implique no control e na derrota do coronavirus”.
O alcalde ribadense manifestou: “eu tamén desaprobo profundamente o xeito de actuar da Xunta de Galicia na xestión deste brote de coronavirus na nosa comarca porque sabendo como sabían desde hai días que había un repunte en determinado punto da Mariña non tomaron as medidas a tempo, confinando un edificio, unha rúa ou mesmo un concello enteiro; e permitiron que se fose espallando o virus. Provocouse unha alarma social terrible, a actividade económica está a niveis baixísimos e aínda que agora, nos próximos tempos, a Xunta poida liberar a varios concellos deste confinamento, teño que dicir que o señor Feijoo lle fixo un pésimo favor á Mariña. A ver agora como recuperamos a confianza porque o foco mediático de todo o Estado estivo abrindo informativos na Mariña día si e día tamén. A miña pregunta é se volverán estes mesmos medios de comunicación a dicir que reabrimos outra vez; a min desde logo gustaríame, pero xa se sabe que as malas noticias enseguida se espallan polo mundo e as boas é mais complicado”.
Fernando Suárez referiuse á xornada electoral do vindeiro 12 de xullo: “e outra cousa que nos provoca pavor é o propio día das eleccións. Parécenos unha irresponsabilidade que se permita ir votar ás mil persoas que están confinadas nestes momentos por prescrición médica e, desde logo, hoxe, máis que nunca, faise necesario esixir que as eleccións, cando menos na comarca da Mariña, sexan aprazadas porque non se dan as garantías de seguridade e de saúde necesarias para exercer un dereito tan fundamental como é o voto libre, segredo e con seguridade”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



