Viveiro, 2 de xullo, 2020. A marca viveirense Galipizza non quixo deixar de celebrar á súa maneira o Resurrection Fest e, aproveitando as datas nas que se ía celebrar este multitudiario festival en Viveiro (Lugo), lanzou a súa nova hamburguesa gourmet baixo o nome de ‘Inferno’ coa que rende homenaxe ao festival e aos milleiros de seguidores que cada ano ateigan as rúas de Viveiro.
Nestes últimos días os locais que a empresa ten en Covas xa están notando a chegada de moitos visitantes habituais do festival, que, malia que este ano non se celebra, non cambiaron os seus plans de vacacións e chegan a Viveiro para pasar estas datas coma tódolos anos, o que non fai máis que destacar a grande repercusión dun evento como o Resu para toda a comarca da Mariña Lucense.
“Se algo nos ensinou esta pandemia é que a vida é imprevisible, polo que desde Galipizza queremos celebrar este non Resurrection Fest coma se fose o último que se fai en Viveiro, xa que no futuro nunca se sabe o que pode pasar…”, asegura José Manuel Vázquez Leman, xerente de Galipizza.
O lema que acompaña á promo desta nova hamburguesa é o mítico título musical “Highway to Hell” de AC/DC, co que Galipizza tamén segue prometendo fidelidade eterna a un festival co que foi medrando desde o ano 2006 e que este ano tería celebrado a súa XV edición, xa sexa desde Viveiro ou desde calquera outro lugar no que se celebre.
Esta nova creación de Galipizza inclúe unha triple hamburguesa de polo, con beicon, queixo picante galego e cebola tostada, e preséntase nun pan de elaboración propia creado con tinta de calamar. A burger xa se pode degustar nos locais da Mariña Lucense, en Viveiro e Ribadeo; e desde a próxima semana tamén no resto de locais da cadea en Culleredo, Santiago de Compostela e Vigo.
Ademais da nova burger, os “galipizzeros” que visitan cada ano o Resurrection Fest seguen apostando polos pratos clásicos da marca: a “Resupizza” de lacón con grelos, a de ovos rotos con zorza, a de queixos galegos… o calquera das súas hamburguesas gourmet, así como a tan demandada hamburguesa vegana.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



