Cangas, 5 de xullo de 2020. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, esixiu este domingo que “nos sete días que lle quedan a Feijóo na Xunta exerza as súas competencias, dea información transparente e tome as medidas necesarias para garantir a saúde e os dereitos democráticos” na Mariña tras o confinamento decretado nesta comarca polo coronavirus.
Gómez Reino afirmou que “estamos moi preocupados polo que está a acontecer na Mariña. Ponse de manifesto a profunda irresponsabilidade de Feijóo e do PP á hora de garantir a saúde e os dereitos democráticos”, como reclamou Galicia en Común cando se produciu a convocatoria electoral. O candidato tamén quixo “enviar o noso agarimo á xente da comarca que está vivindo horas complicadas”.
Con respecto ao acto de campaña celebrado en Vigo na mañá do domingo, Gómez Reino advertiu que se amosou que “xa está en marcha a alternativa para o cambio político no noso país, hai ilusión e fame de cambio e estamos a punto de conseguilo”.
Desta maneira, engadiu que “as enquisas din que só hai dous puntos de diferenza entre o bloque da esquerda e da dereita. Galicia en Común xogámonos escanos clave na Coruña e Pontevedra para arrebatarlle a maioría ao PP”.
“En todo caso, a enquisa que vale é a do 12X e o PP non vai conseguir que o conxunto de votantes progresistas e de esquerdas se deixen amedrentar pola estratexia de intentar desmobilizar á cidadanía que quere un cambio despois de once anos moi difíciles para este país”, indicou Gómez Reino.
Para concluír, tras un paseo por Cangas, resaltou que “O Morrazo é unha comarca central para a actividade económica, mariñeira e pesqueira do noso país. Tamén para un turismo do século XXI, ao contrario que o que leva promovendo Feijóo todos estes anos”. Gómez Reino estivo acompañado polos candidatos e candidatas de Galicia en Común, Eva Solla, Martiño Noriega e Iria Figueroa, pola ministra de Traballo, Yolanda Díaz, e polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



