Burela, 16 de xullo de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, salientou que os positivos de Covid-19 seguen en descenso e hoxe están en 103. O rexedor anunciou que mañá o Concello realizará un cribado entre o persoal municipal máis vulnerable. Tamén mañá, ás 13:30 horas, será a xuntanza coa Acia local na que se analizará a fórmula para solicitar unha axuda especial para Burela co obxectivo de paliar as perdas económicas ocasionadas pola pandemia do coronavirus. Burela leva máis de dez confinadas.
O alcalde de Burela dixo que “despois da reunión que temos todos os días cos responsables de Sanidade vemos que todo vai avanzando máis ou menos segundo a previsión. Hoxe temos 103 casos positivos en Burela, o que significa que son 13 menos que onte. A ver se imos logrando que se manteña esta rebaixa, e incluso que se poida superar, que sempre é moi satisfactorio para o obxectivo de rematar con cero positivos e cero confinados”.
Alfredo Llano anunciou que “mañá imos facer un cribado para todo o persoal do Concello que teña certa vulnerabilidade ou que estea atendendo ou en contacto con moita xente como son a Policía Local ou a xente do SAD, e todos aqueles que poidan ter algunha incidencia. Imos facer os cribados e esperamos que dean todos negativo”.
O rexedor engadiu que “tamén mañá imos ter unha reunión coa Acia, á unha e media, acompañados de persoal técnico do Concello para ver que criterios podemos establecer para facer unha solicitude formal de cara ás axudas concretas para todo o sector comercial e empresarial, porque realmente levamos moitos días de confinamento e iso xa empeza a ser moi preocupante”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



