Foz, 28 de xullo, 2020. Dende o final do pasado curso escolar a Conselleíra de Educación non deu información a comunidade educativa sobre o inicio do vindeiro curso escolar o primeiro marcado dende o seu inicio pola pandemia do coronavirus. O día 14 de xullo a Xunta presenta o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros educativos non universitarios para o curso 2020/2021. Tras meses de peticións por parte da comunidade escolar e unha vez celebradas as eleccións ao Parlamento, o documento, non contempla a posibilidade de reducir o número de estudantes por aula para garantir a separación de seguridade que evite contaxios da covid-19, nin contempla incremento da dotación de docentes.
O Goberno da Xunta por medio do presidente en funcións Feijóo declarou que prefería destinar os cartos dedicados ao ensino “a outros fins” e a continuación, como xa nos teñen acostumados a dicir unha cousa e a contraria, a conselleira cualificara a cantidade que se destinará dentro do fondo de reconstrución a este fin como “insuficiente”. A meirande parte das Aulas da Galiza van ter moi complicado manter a distancia de 1,5 metros de seguridade, e aplica os mínimos de 1 metro para que mellor lle cadre, con todo moitas aulas vanno ter difícil, tamén no Concello de Foz. Consideramos dende o BNG de Foz dacordo coa comunidade escolar, que a única forma de garantir este distanciamento físico é mediante a redución de ratios e o incremento de profesorado por que o ensino debería ser presencial, xa que é a única fórmula válida dende o punto de vista pedagóxico, durante todo o curso. Tal e como aconteceu co fin do curso previo no que Xunta descargou a súa responsabilidade nos concellos facendolles ter que colaborar na impresión de materiais didácticos e aportar conexión de internet a aquelas familias que carecían dela, todo parece indicar que intención da Xunta é que no comezo de curso sexan os equipos directivos e o profesorado quen teñan que asumir todas as medidas preventivas. O ensino foi outros dos grandes esquecidos desta pandemia e a administración está acostumada a que sexa o persoal docente o que lle amañe as desfeitas a Consellería, pero cando se trata da saúde precisamos que se poñan enriba da mesa protocolos específicos, avaliacións de riscos, dispensas para os colectivos vulnerábeis, medidas sanitarias e educativas consensuadas por todolos membros da comunidade escolar. Manter este protocolo e inviable e presenta una altisimo risco de malfunción sanitaria e educativa para o vindeitro curso escolar.
Por todo isto o Grupo Municipal do BNG de Foz insta ao pleno do Concello para solicitar da Consellería de Educación da Xunta da Galiza a retirada deste protocolo e o inmediato inicio de conversas reais coa comunidade educativa para garantir un inicio de curso seguro e eficaz dende o punto de vista pedagóxico.