A Mariña, a 27 de xullo de 2020. A CIG demandou rigor e responsabilidade ao Goberno español e galego para que a mesa multilateral avance nos seus traballos e achegue solucións inmediatas a nivel industrial e enerxético que eviten os despedimentos e a parada das cubas. Con esta finalidade, a central sindical reclamou que ambas administracións traballen de maneira intensa ao longo desta semana “en conxunto, por separado e con Alcoa para que o 4 de agosto teñamos solucións eficaces e non se consume o ERE”.
Na reunión telemática desta tarde, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, acusou o Ministerio e a Xunta de “non facerse cargo do que din en diferentes foros, mentres que o que hai que tratar nesta mesa non se di ou non se avanza o suficiente”. “O tempo acábase se Alcoa non paraliza o ERE e segue obsesionada cos despedimentos e entrar en hibernación”, advertiu Carril, subliñando que a parada das cubas non pode ser condición para iniciar unha venda, tal e como a empresa pretende.
Por iso, o secretario xeral da CIG pediu concretar un calendario de reunións da mesa até o 4 de agosto e que neste período o Goberno español traballe coa Xunta a fin de desenvolver o plan industrial que hai enriba da mesa e que ambas Administracións aborden esta proposta coa empresa co obxectivo de concretala.
Neste senso, solicitou que se convoque novamente á mesa “a máis tardar o venres desta semana para coñecer as xestións realizadas”. Por parte do Ministerio quedouse de fixar data da próxima reunión da mesa para trasladar as conclusións do traballo que o Goberno central e a Xunta se comprometeron a realizar nos vindeiros días.
En canto á postura da empresa, Carril valorou que “semella que hai unha disposición por parte de Alcoa a unha venda, pero só en aparencia porque as condicións que impón son imposíbeis. En calquera caso, rexeitamos que Alcoa poña como condición necesaria a hibernación para que haxa unha solución de continuidade na fábrica de San Cibrao sen a multinacional”, aseverou.
A este respecto, volveu defender a intervención pública da factoría, valorando que “non resulta críbel que o poder público non teña capacidade nin instrumentos para impedir que unha empresa execute despedimentos e recorte a capacidade produtiva”.
Finalmente, a CIG demandou que se atenda a problemática das industrias auxiliares que malia estar afectadas pola decisión da multinacional e perigar centos de postos de traballo, “nin Alcoa nin as Administracións se queren facer cargo da súa situación”.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



