Santiago de Compostela, 31 de Xullo 2020. Ourense volve ser pasto das lapas en concellos nos que os lumes se repiten cunha periodicidade constante e con incendios que, en moitos casos, son calcos doutros anteriores sen que por parte do Goberno da Xunta se tomen medidas eficaces que vaian ao fondo do problema. Por que arde o monte nos mesmos concellos ou nas mesmas áreas territoriais con lumes case idénticos foi unha das preguntas que deixaba sobre a mesa o deputado Xosé Luís Rivas, portavoz parlamentario de Agricultura na pasada lexislatura.
A modo de exemplo, Rivas explicou que o lume de Queirugas (Verín) “comeza sempre preto da Igrexa, esténdese até pasar a autovía e chega a un terreo no que é posible atallalo e volve para atrás. Hai puntos quentes que hai que atallar”. O deputado nacionalista tamén botou man dunhas infografías da Universidade de Vigo onde se podía ver como os lumes de Dodro (Rianxo) de 2006 e de 2019 afectaron ao mesmo territorio.
“Significa que temos un problema e que temos que ir a raíz do problema que pode ser diferente en cada zona”, salientou e para iso, o BNG propón que nas zonas de alta actividade incendiaria se poñan e marcha os comités de distrito previstos do Ditame aprobado pola Comisión Especial de Incendios do Parlamento de 2017, pero que quedaron no caixón.
“Eses comités deberían estar formados por expertos en lumes, pero tamén por persoas do tecido económico e social da zona para ir ao fondo do problema, é un problema de lindes, de vinganzas, por que sempre se prende no mesmo sitio e co mesmo foco?, interpelaba, senón investigamos, senón imos ao fondo da cuestión estamos tirando tiros ao aire, perdendo tempo e gastando cartos”, alega, “porque un goberno responsable non pode limitarse a botarlle a culpa aos incendiarios que a teñen, por suposto”.
Pero o monte galego está sen unha máis mínima ordenación, é caótica, -denuncia Rivas-, e pese a revisión do Plan Forestal en vigor en 2014, “nada se fixo e estamos á altura de 2020”, pese a que as previsión para as hectáreas de eucalipto duplicaban xa en 2016 todo o previsto para a vixencia do plan até 2032. Cada ano se gasta unha media de 200 M€ en extinción, mentres a desertización do territorio avanza, as franxas de protección non se executan e cada vez os novos lumes están máis pretos das casas.
Rivas reclamou un dispositivo homoxéneo e preparado para plantar cara a nova tipoloxía de incendios, denunciou o monocultivo, “con eucaliptos até nas beiras dos ríos”, cando o que se precisa é avanzar na biodiversidade, tanto para preservar o territorio pero, como se viu coa COVID19, tamén para ser máis eficaces contra unha pandemia.
Ordenación, cultivos en mosaico, multifuncionalidade e diversidade, confinamento das especies pirófitas, moratoria na plantación de eucaliptos, camiñar cara unha economía verde son algunhas das cuestións que Rivas destacou como urxentes para mudar o rumbo dun monte que non deixa de arder e preservar o territorio.
“Hai que buscar a efectividade e está claro que a extinción non chega, hai que ir a raíz do problema e este pode ser distinto en cada zona, haberá que analizalo coa xente da zona, de que serve replantar se cando estea crecido se volve a queimar? – cuestionaba Rivas-, hai que ir a fondo do problema e solucionalo”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



