Viveiro, 5 de xullo, 2020. A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, Olalla Rodil, o nº2 por Lugo, Dani Castro, e a concelleira nacionalista Míriam Bermúdez, estiveron en Viveiro hai uns días, antes de cancelar a campaña na Mariña, visibilizando a aposta do Bloque por vilas e cidades pensadas para as persoas e respetuosas co medio e co patrimonio. Acompañadas por representantes do BNG viveirense, percorreron algunhas rúas da vila en bicicleta, un medio de transporte que permite reducir a presenza de vehículos nos centros urbanos.
Olalla Rodil fixo fincapé en que o “uso da bicicleta e a humanización das vilas e cidades forman parte dos eixos fundamentais da formación nacionalista, destacando a “vida” que gañan estas cando se peonalizan e humanizan. Tamén puxo sobre a mesa a necesidade desta moción do BNG viveirense para mellorar a seguranza viaria estabelecendo como velocidade máxima 30 km/h nos núcleos urbanos, así como de dotar de estacionamentos para bicicletas os lugares de interese turístico, zonas urbanas e tamén lugares públicos do concello.
A concelleira Míriam Bermúdez anunciou que o BNG viveirense rexistrou para pleno a moción que xa presentara á veciñanza hai un mes para un Viveiro ciclábel, dando a coñecer esta moción as asociacións, colectivos e partidos políticos do Concello de Viveiro, de forma presencial, outros como a través do seus correos electrónicos, outros chamando por teléfono, en prensa dixital e escrita, como tamén a través das redes sociais do BNG de Viveiro. A nacionalista afirma que “ningunha asociación se mostrou en contra da moción, todo o contrario, apoiáronnos e foron varias as que nos fixeron as súas aportacións e que fomos engadindo a esta moción”, afirma a concelleira do BNG en Viveiro. Por outra parte, “tamén lla entregamos a todos os partidos da corporación municipal para que nos fixeran as súas aportacións e modificacións, mais ningún partido quixo trasladar as súas inquedanzas nin participar nesta moción, polo que no BNG queremos entender que estarán a favor de cada un dos puntos ao non querer consensuar nada, pois son básicos e necesarios todos eles.”.
O que pedimos nesta moción é o mínimo para comezar unha nova etapa en Viveiro, a cal inclúe un punto para crear unha Comisión de estudo e seguemento, co fin de comezar e continuar no tempo ampliando os viais de preferencia ciclista coa creación de carrísbici ao longo de todo o concello. Permitindo a participación nesta Comisión á veciñanza, tanto a título individual como aos membros das asociacións interesadas (veciñais, deportivas…) do municipio, así como aos partidos politicos de Viveiro. “O que pretendemos con esta Comisión é ir mellorando o rol da bicicleta en Viveiro, pois no BNG temos claro que é o camiño a seguir”, afirma Bermúdez, que di que “nesta comisión poderánse concretar tempos, datos económicos e investimentos, incluíndo o de crear un sistema de alugueiro de bicicletas municipal, unha medida que facilita moitísimo o uso deste medio e que avanza con éxitos en todos os lugares nos que o implementou”.
Míriam Bermúdez remata dicindo que “son propostas que o que teñen de ambiciosas téñenno de básicas e necesarias, calquer persoa que viaxara un mínimo puido constatar como todas as cidades que progresan, están a apostar por este tipo de mobilidade que só trae beneficios.”
Olalla Rodil argumentou que “este tipo de iniciativas dirixidas para avanzar cara a vilas e cidades máis humanas, con espazos públicos pensados para as persoas son políticas que levan a marca do BNG. “Este debate está agora máis presente ca nunca pero o BNG leva anos apostando nestes modelos nas cidades e vilas nas que goberna coma Pontevedra, Allariz, Carballo ou Lugo”. E destacou que “a mobilidade sostíbel é un dos eixos da Axenda Urbana Galega 2020-2030 incluída no programa electoral do BNG, a cal recolle unha batería de medidas orientadas á creación de vilas e cidades amábeis, inclusivas e compactas, con equipamentos e servizos de proximidade e un pequeno comercio dinámico.”





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



