Cervo, 4 de xullo, 2020. Este sábado o comité de empresa reuniuse co Presidente da Xunta. Da xuntanza destacan varios compromisos por parte do goberno autonómico
1.A Xunta comprométese a licitar e aprobar toda a parte administrativa dun futuro contrato bilateral con empresas de produción enerxética renovable. Para elo solicita declarar o alumninio primario como esencial e estratéxico a nivale estatal.
2.Utilizar fondos europeos de recuperación da crise, e en concreto parte dos 10.000 M€ que foron aprobados o venres no consello de ministros para a intervención de empresas que sofren pola caída de mercados e falta de demanda a nivel global.
3.Ademais mantense o compromiso de conceder préstamos participativos para facilitar a modernización da factoría.
Todo ela queda suscrito á necesidade de poder chegar ao horizonte dos 2 anos que tardaría en plantarse unha PPA, e para ilo é necesario o compromiso por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica para que a industria poda ter un prezo competitivo e estábel nos 2 vindeiros anos, evitando a deslocalización e desindustrialización das empresas electrointensivas do país.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



