Burela, 2 de xullo de 2020. O Concello de Burela agrupará as dez mesas electorais da localidade para os comicios autonómicos que se celebrarán o 12 de xullo. Será no pavillón dos Institutos e no pavillón dos Castros, con cinco mesas en cada un deles. O obxectivo é cumprir coas normativas derivadas do Covid-1. O Concello editará un Bando informando destes cambios para que toda a veciñanza estea perfectamente informada.
O alcalde, Alfredo Llano, declarou que “con respecto ás eleccións este ano, é evidente que houbo moitos cambios en case todos os lugares e en Burela tamén, porque hai que adaptarse á normativa e á seguridade pola transmisión do virus, e polo tanto houbo que cambiar de forma fundamental a ubicación onde se facían as votacións”.
O rexedor anunciou que “aquí en Burela temos dez mesas, distribuídas tres no Instituto Perdouro, dúas na Escola de Música, tres na Casa da Cultura e outras dúas nos Castros. Agora, derivado da normativa para delimitar espazos, para favorecer que non haxa contaxios e a votación con toda seguridade, vanse facer en dous lugares. Un vai ser o pavillón dos institutos e outro no pavillón dos Castros. En cada un deses pavillóns vai haber cinco mesas, de tal maneira que os que ían ao Perdouro e á Escola de Música irán ao pavillón dos Institutos e os que ían á Casa da Cultura máis aos Castros irán ao pavillón dos Castros”.
Llano sinalou que “se hai algunha pregunta ou algunha cousa que se teña que aclarar para ver onde ten que ir votar cada quen, imos informar no Concello e tamén imos editar un Bando onde se vai explicar todo isto. Ademais o diremos na prensa para que non haxa confusión e haxa facilidade de localización e de saber cada quen onde ten que votar”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



