Foz, 24 de xullo de 2020. O Concello de Foz inicia unha programación de música na rúa. Hoxe, venres, o DJ Popy García actúa ás 18:30 horas no cruce da Avenida da Mariña coa rúa Xoán Montes. E ás 21:00 horas no Campo da Cabana haberá un concerto do Coro Tempus Fugit, de Viveiro.
Mañá, sábado, o grupo Forget La France, de Lugo, actuará na praia da Rapadoira ás 13:30 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas.
O domingo ás 13:30 horas na rúa Illa Nova estará o DJ Popy García. E o mesmo día actuará o grupo Los Alcántara en acústico na Glorieta de Vilalba ás 13:30 horas e na praia da Rapadoira ás 21:30 horas.
Desta maneira o Concello de Foz continúa coa súa programación cultural levando a música a distintos puntos da vila, sempre co publico sentado en cadeiras e aforos controlados.
