Lugo, 3, xullo, 2020. En resposta a unha pregunta do PP, a deputada socialista Pilar García Porto, portavoz do goberno da Deputación, negou na máis recente sesión plenaria, ter información acerca da posibilidade de que se estivese desviando o traballo dos exempregados de Suplusa que prestan agora os seus servizos en Tragsa a tarefas que non están previstas na encomenda feita a esta empresa pública polo organismo provincial, para mantemento das súas zonas verdes. A sesión plenaria celebrouse o 30 de xuño; ao día seguinte o periódico El Progreso publicou unha fotonoticia co título “La Diputación desbroza las márgenes urbanas del río Cabe en Monforte”, na que se di que ese traballo se enmarca nun convenio entre o organismo provincial e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil “nunca antes ejecutado en Monforte”. O grupo provincial do PP solicitou formalmente ao goberno provincial acceso (e copia) ao convenio aludido na indicada información. O presidente da Deputación, José Tomé (PSOE), é o alcalde de Monforte,
A portavoz socialista dixo na súa resposta ao PP que ela non tiña información en relación coa cuestión formulada. Os populares apuntaron na pregunta a súa sospeita de que se estean encomendando pola empresa Tragsa aos extraballadores da liquidada Suplusa tarefas que non se corresponden co mantemento das zonas verdes provinciais e que, polo tanto, escaparían do marco da encomenda feita pola Deputación á dita empresa pública. A resposta de García Porto unida a información da limpeza das beiras de Cabe en Monforte fai aumentar as sospeitas dos populares, de maneira que reclaman do presidente da Deputación, José Tomé, explicacións claras sobre este asunto.
O viceportavoz popular José Antonio García di que “en todo caso, o que está claro é que hai unha situación que é preciso aclarar e que os extraballadores de Suplusa están nunha situación laboral de inestabilidade que nin é xusta nin merecen”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



