Lugo, 7 de xullo, 2020. As candidatas do PPdeG ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Cristina Sanz e Encarna Amigo, participaron este martes acompañadas da tamén candidata pola provincia da Coruña, Carmen Pomar, nunha visita ás localidades de Outeiro de Rei e Rábade. Alí destacaron “o esforzo inversor do Goberno de Feijóo nos últimos anos para actuar nas infraestruturas educativas” e puxeron como exemplo “do compromiso do Goberno Feijóo coa educación pública o investimento de máis de 30 millóns de euros no último mandato para a mellora de colexios e institutos da provincia”.
As populares explicaron que entre as actuacións previstas para desenvolver neste 2020 na comarca de Lugo, atópanse as obras de mellora do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei e do CEIP Otero Pedrayo de Rábade para as que o Goberno galego dirixe medio millón de euros: 250.000 euros para sufragar a mellora de cada un dos centros.
As actuacións no colexio de Outeiro de Rei consistirán na substitución da carpintería exterior, os falsos teitos e a instalación de luminarias LED tanto no edificio principal coma no edificio de infantil onde, ademais, están previstas outras melloras no seu interior xunto á aplicación de pintura na súa fachada.
A mellora do CEIP Otero Pedrayo de Rábade consistirá no cambio de cubertas por unhas de panel sándwich con canlóns e baixantes, o arranxo da cuberta do patio interior, os baños, o peche do pavillón onde se colocarán luminarias, chan de PVC nas aulas, substitución da carpintería interior e aplicación de pintura nas zonas comúns.
“O Goberno de Feijóo está a traballar da man da comunidade educativa dirixindo, cada ano, orzamento para a mellora dos numerosos centros educativos galegos co obxectivo de mellorar a funcionalidade e a eficiencia enerxética das súas infraestruturas, entre outras actuacións de mellora que poidan ser necesarias en cada centro”, segundo defenden as populares.
Estes esforzos en materia de infraestruturas complétanse co novo Plan de infraestruturas educativas para o período 2021-2025 que, adoptando un enfoque medioambiental, permitirá “a modernización e adaptación ás novas realidades”, engadiron.
Así mesmo, e trala implantación de iniciativas innovadoras no eido educativo, “o Goberno de Feijóo continuará traballando para adaptar o noso sistema educativo e de FP aos vertixinosos cambios que experimentarán os mercados de traballo” apostando por unha estratexia de transformación dixital do ensino non universitario de Galicia.
ENCONTRO SOBRE IGUALDADE EN VILALBA
As candidatas do PPdeG ás eleccións autonómicas do vindeiro domingo 12 de xullo pola provincia de Lugo Sandra Vázquez e Susana López Abella participaron, pola súa banda, nun encontro con representantes de distintas asociacións de Vilalba. Continúan así a escoitar aos distintos colectivos sociais da nosa provincia “recollendo as súas propostas para poder traballar da man na procura do benestar”.
Tamén trasladaron ás persoas participantes o programa de traballo do Goberno de Feijóo en materia de igualdade e conciliación. Neste sentido, lembraron a posta en marcha do Bono Concilia dentro dun paquete de medidas extraordinarias para facer fronte á situación de emerxencia sanitaria que favorece a achega de 500 euros ao mes ás familias para axudar ao coidado dos fillos menores de 12 anos.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



