A Fonsagrada, 4 de xullo de 2020. O candidato ás eleccións autonómicas, Luis Álvarez afirmou hoxe as próximas eleccións do 12X “deciden se Galicia a lidera o PP ou un PSdeG que ten proxecto, equipo, ideas e propostas para darlle a Galicia un futuro mellor. Porque os que recortaron, privatizaron e destruíron emprego en 11 anos non poden pilotar agora a reconstrución”, advertiu.
Así o dixo tras realizar unha visita a empresa Embutidos Procifón da Fonsagrada, a única sala de despece de caza que hai en Galicia e que contou cun investimento público da Deputación de Lugo. Nesta xornada estivo acompañado pola candidata Marina Douton, o Deputado, Javier Cerqueiro, e o Alcalde Carlos López, o concelleiro, Argelio Fernández, e o Alcale de Ribeira de Piquin e Deputado Provincial, Roberto Fernández.
“Proxectos coma este son necesarios para impulsar a economía da provincia, contribuíndo á promoción e venda de produtos cinexéticos, e ao mesmo tempo xerando emprego nesta Comarca. Hoxe aquí podemos comprobar unha vez máis como os 11 anos de Goberno de Feijóo foron un auténtico lastre para os concellos da Montaña Lucense, por aquí o PP só se achega a pedir a voto”, espetou Álvarez.
O candidato socialista aludiu as propostas do programa electoral. “Elaboraremos un auténtico Plan de Desenvolvemento Rural (PDR), un documento realista, baseado no diagnóstico e propostas que fan os representantes de cada sector. Tamén reforzaremos o Banco de Terras, mediante os cambios normativos necesarios e a cobertura orzamentaria, incorporando un Banco de Explotacións Agrarias, un Servizo de Mobilización Produtiva dos Montes Veciñais en Mao Común, e un Servizo de Apoio á Mobilización de Superficies Privadas”, citou.
Nesa liña tamén avanzou que “no PSdeG apostaremos pola calidade e a diferenciación dos produtos agroalimentarios galegos. Neste sentido, apoio ás operacións que reforcen a base cooperativa do sector agropecuario, reforzando a súa capacidade de negociación”.
Carlos López denunciou a política sectaria e caciquil do PP
Pola súa banda o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López denunciou a política sectaria e caciquil do PP coas veciñas e veciños da vila. “Estes dias coñeciamos as axudas concedidas a través do programa Aprol Rural, a Fonsagrada recibe unha axuda económica de 13.750 euros para contratar a un empregado a través deste proxecto. Por citar un exemplo doutro concello da Montaña que tamén recibiu subvención, o concello das Nogais onde goberna o PP, que conta coa tripla menos de poboación e cunha extensión de superficie catro veces menor en comparación do noso Concello, pois ben recibe unha subvención de 55.000 euros para contratar a 4 traballadores. Así fai as contas o PP, dando ás costas aos veciños”, dixo.
López tamén fixo alusión as carencias sanitarias que sofre o Concello. “Os servizos médicos que atenden aos 3.600 habitantes só dispoñen dun pediatra para atender aos nenos e nenas durante 1 mañá, e dúas horas durante outra xornada, as mulleres embarazadas pasan consulta no consultorio en Becerreá, e os doentes de rehabilitación tamén son atendidos noutro Concello”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



