Cervo, 18 de xullo de 2020. O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da primeira fase do Museo de Sargadelos, un proxecto expositivo en Cervo que recolle a historia da fábrica de cerámica e que ten previsto recuperar tamén a casa na que viviu Isaac Díaz Pardo.
Durante a apertura e visita a este museo situado nas antigas dependencias do Seminario Sargadelos, o titular de Cultura e Turismo en funcións da Xunta destacou este novo museo como un faro que iluminará A Mariña e toda Galicia, exercendo como un novo atractivo cultural e turístico. “Somos conscientes de que este non é un momento doado para a zona da Mariña, pero precisamente por iso agora é máis importante que nunca poñer en marcha iniciativas como esta, capaces de dinamizar a economía ao tempo que se pon en valor a nosa identidade e legado cultural”, subliñou o conselleiro.
Nesta mesma liña, Román Rodríguez amosouse convencido de que este novo proxecto funcionará como un motor “para impulsar o turismo cultural dentro da Mariña lucense”, xa que permitirá ampliar a oferta de que poderán gozar todos os visitantes nesta zona ao mesmo tempo que se pon en valor algo tan característico da cultura e creación artística de Galicia como é a cerámica de Sargadelos.
Por outro lado, o representante da Xunta agradeceu o esforzo realizado por parte de Sargadelos para abrir este novo museo que recolle á perfección “a historia dunha verdadeira icona cultural para toda Galicia” e que, ademais, pon en valor boa parte do legado dun referente como Isaac Díaz Pardo. “Estou convencido de que Díaz Pardo estaría orgulloso de ver este espazo, da traxectoria de Sargadelos e de como a importancia desta fábrica de cerámica segue medrando”, destacou o conselleiro.
Celebración do centenario
A primeira fase deste novo proxecto museográfico componse de sete salas expositivas, quedando pendente de execución unha segunda fase que inclúe novas salas e a recuperación da casa na que viviu Isaac Díaz Pardo na súa etapa en Cervo, unha iniciativa que coincide coa celebración do centenario do seu nacemento, unha efeméride que a Xunta de Galicia ten previsto conmemorar cunha exposición na Cidade da Cultura. Estas salas permitirán amosar parte do patrimonio da fábrica de cerámica e poderase contemplar desde pezas de olería tradicional ata algunhas das obras de Luís Seoane ou do propio Díaz Pardo.
A xoiería, o vidro ou as colaboracións con persoeiros ilustres e grandes ceramistas como Arcadio Blasco, Carmen Perujo, Silveiro Rivas ou Camilo José Cela tamén ocuparán un lugar destacado dentro do novo museo. O proxecto complétase cun túnel pasadizo con pezas dos alumnos que participaron nas experiencias que se fixeron nos veráns desde 1971 e cunha sala adicada ás pezas que se fixeron exclusivas para empresas e ás esculturas de artistas de renome.
Dentro desta primeira fase tamén se recuperou o auditorio, onde se levarán a cabo experiencias culturais e proxeccións; a antiga sala de reunións, que albergará varias vitrinas con pezas do Castro desde 1950, e a antiga Biblioteca do Seminario cunha colección de máis de 1000 libros.
BIC desde 2014
O conxunto da fábrica de Sargadelos de Cervo está declarado Ben de Interese Cultural desde o ano 2014. Dentro deste recoñecemento inclúese, ademais da casa de Isaac Díaz Pardo, o edificio circular de Andrés Fernández-Albalat, no que se conxuga a tradición e a modernidade e no que destaca o expresionismo da estrutura de formigón, ou o auditorio e departamento de Arte e Comunicación, creado para converter a fábrica de Sargadelos nun foco de actividade cultural libre, artística, de experimentación formal e investigación arredor do deseño industrial. O conxunto complétase cunha Escola de Tecnoloxía e Laboratorios, unha piscina descuberta, unha pasarela metálica e unha marquesiña de formigón.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



