Cervo, a 29 de Julio de 2020. Ata final de verán, os visitantes á planta de produción de Cervo poden completar as recentemente estreadas Experiencias SARGADELOS con senllas visitas guiadas ao Museo e á Planta de Produción.
O pasado 18 de xullo arrincaban as Experiencias SARGADELOS, tras o éxito destes días e ante a demanda do público, retomamos as visitas guiadas á planta de produción, desta maneira o visitante fai un completo percorrido polas entrañas da firma .
Lembramos que as Experiencias SARGADELOS teñen catro etapas:
Primeira Etapa: Museo SARGADELOS
Segunda Etapa: Planta de Produción
Terceira Etapa: Galería SARGADELOS
Cuarta Etapa: Taberna SARGADELOS
Calquera destas catro etapas pódese facer por separado aínda que recomendamos facelas nesta orde para entender o verdadeiro valor dunha MARCA histórica e prestixiosa como é SARGADELOS.
Prezos
Entrada Museo: 3 € pode ser libre ou guiada. (Menores de 12 anos gratis)
As visitas guiadas ao museo serán ás 11 h, ás 12 h e ás 16 h. Cando haxa un grupo de polo menos 10 persoas coa entrada ao Museo, a continuación, farase unha visita guiada á Planta de Produción (horario de mañá). A entrada ao Museo leva consigo un 10% de desconto no que se consuma na Taberna no mesmo día.
Pack Experiencia SARGADELOS: 20 € para grupos de mínimo 10 persoas e máximo 20 persoas). Inclúe visita guiada ao Museo, visita guiada á planta de produción e degustación dunha comida típica galega na Taberna SARGADELOS. (imprescindible reservar un día antes).