Cervo, 7 de xullo, 2020. Este martes o comité de empresa de Alúmina celebrou unha xuntanza telemática co Director Xeral de Industria do Ministerio, Raúl Blanco.
Dende o executivo central pedirán a paralización do ERE presentada pola empresa, apoiando así a solicitude remitida polo Conselleiro de Industria. Tamén colaborará o goberno co executivo autonómico e os sindicatos aportando a correspondente documentación.
Blanco asegurou que darán un ultimátum á multinacional dunha semana para que ceda a súa venta, xa que cabe a posibilidade da existencia dun inversor.
Non menos importante é o compromiso de poñer un prezo enerxético competitivo de entre 25 e 35€/MW ligado a un plan de viabilidade a 10 anos.
A vindeira xuntanza queda fixada para o martes 14 deste mes, será presencial ou telemática segundo a evolución da alerta sanitaria.
