Ribadeo, 2 de xullo de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que as praias ribadenses están máis preparadas que nunca para atender aos seus usuarios e usuarias este verán. Hai 18 socorristas, 3 técnicos sanitarios e 7 persoas para a limpeza. O Concello destina só ao servizo de socorrismo 130.000 euros. O rexedor destaca o esforzo inversor a realizar e critica a axuda de 24.000 euros que recibe Ribadeo da Xunta. Para Fernando Suárez trátase dun insulto á intelixencia e dunha vergoña. O alcalde ribadense fai unha chamada á responsabilidade da xente para facer fronte ao Covid-19.
Suárez Barcia sinalou que “en relación co dispositivo de salvamento e socorrismo de praias para este verán en Ribadeo, temos que dicir que é un verán atípico, difícil e complicado para todos, como todo o mundo pode saber por mor do coronavirus e por esta situación tan cambiante que estamos vivindo nestes últimos tempos. Desta volta tivemos máis persoal que nunca, estamos máis preparados que nunca, temos un total de 28 persoas: 17 socorristas, 1 xefe de socorrismo, 3 técnicos sanitarios e 7 persoas de limpeza. Con todos eles imos atender máis e mellor que nunca todas as praias do concello de Ribadeo, as que teñen bandeira azul e as que non a teñen. Hai algunhas que imos mellorar, como Esteiro e Os Bloques, nas que imos cubrir máis e mellor o seu sistema de salvamento e socorrismo”.
O alcalde subliñou que “isto ten un impacto económico nas arcas municipais tremendo, de máis de 130.000 euros, soamente no que ten que ver con salvamento e socorristas. Non estamos computando outras materias como turismo, protección contra os incendios forestais, etc… Temos que dicir que cando máis investimos temos a menor axuda da Xunta da historia, de toda esta cifra soamente temos uns pírricos 24.000 euros, equivalentes a 6 socorristas que nos deron de 18 que imos ter. Isto é un insulto á intelixencia e unha vergoña, e máis nestes tempos onde a protección para facer da nosa comarca da Mariña un lugar seguro e atractivo, para intentar recuperar esta normalidade que non temos, aínda que nos afanamos en intentar que así sexa no día a día, en realidade non a temos”.
O rexedor engadiu que “con estas actuacións por parte do Concello de Ribadeo contamos dar a seguridade necesaria para dar a tranquilidade e a protección, pero isto non quita que se a xente logo non é responsable, si se mete no mar cando non están os socorristas, se anda pola praia sen tomar as medidas de seguridade contra o coronavirus, pouco podemos facer. Isto, aparte dos recursos que desde o Concello podemos poñer enriba da mesa, necesita para que todo funcione ben do bo facer da cidadanía e niso confiamos. Eu sigo vendo actitudes maioritariamente activas e positivas de cara á protección contra o coronavirus, pero hai algunhas actitudes que nos seguen preocupando dalgunha xente que non toma as medidas pertinentes. Confiemos en que isto vaia cambiando de maneira inmediata agora para planificar o mellor verán posible”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



